Saltar navegación.
Inicio

i.Nova dará cobertura informativa ao "partido de solteiras contra casadas"

O evento deportivo que mais interese leva suscitado na comunidade educativa de Vimianzo gozará dunha fonda cobertura informativa.

Un equipo de periodistas da revista escolar i.Nova trasladaráse ao centro polideportivo da vila o vindeiro Domingo 3 para facer a cobertura informativa do evento, que terá lugar ás 5 da tarde. Contaremos cuha boa reportaxe e análise do encontro, entrevistas de primeira man ás protagonistas e organizadoras do evento así como ao público que asista.

Trátase dunha iniciativa das nais dos alumnos e alumnas do terceiro ciclo coa intención de recadar fondos para a excursión de fin de curso. O evento enfrentará a mulleres solteiras contra casadas.Isto leva suscitado un enorme interese dentro da vila, coma se dun gran "derby" se tratara, e prevése unha gran afluencia de público.

Animamos a todo o mundo a que se achegue este Domingo a ver o encontro, que non quede na casa. Trátase dunha festa do fútbol e dunha oportunidade única para colaborar cun bo fin, invertir na ilusión dos nosos nenos e nenas.