Saltar navegación.
Inicio

MARTES

O MARTES:                                                                                                                       

O Martes sabes que?

Aínda que de tolos che pareza,

trae algo na cabeza.

Entroido 2010

Xa está de volta o entroido... esa especie de alto no tempo no que as cousas mais importantes e preocupantes deixano de ser un pouco e na que as persoas aprobeitan para mofarse dos seus propios problemas  (ás veces dos demais), quitarlle un pouco de picante á vida, disfrazarse e divertirse.

 

HOXE É LUNS E CHEGOU O MECO CO SEU 1º MANDAMENTO:

O luns, sabes que?

tes que traer un zapato diferente 

en cada pé.

 

Entrevista de alcance

AtenciMacintosh HD:Users:gutieralvarezvazquez:Documents:Traballo:C.E.I.P. San Vicenzo (09-10):TICS:WEB:i.NOVA:i.NOVA.jpgón!! Xa podedes ler a entrevista que dúas das nosas redactoras fixeron á directora do colexio.

Isto e moito mais en i.nova!!

 


 

Poisson Rouge

Novos xogos educativos para Infantil e 1º ciclo.

Na carpeta de ciclos, en infantil e primaria temos un novo acceso a unha páxina web con un montón de actividades educativas moi interesantes. Solo tedes que facer click no icono e xa bota a andar.

Os mais cativos poderán traballar conceptos e habilidades básicas nunha proposta global que atalla tódalas áreas: puzles, iniciación á lectoescritura, cálculo, conceptos básicos, música,debuxo, etc, etc.

Animádevos! Poisson Rouge é un mundo dinámico e atractivo que propón numerosas aventuras e para aprender xogando á vez que interactuamos dun xeito intuitivo cos ordenadores.


Novas imaxes na galería de fotos

Xa podedes ver na galería de fotos  da web as imaxes das competicións de campo a través.

 

Avaliación Diagnóstica do Sistema Educativo 09

21/10/2009 10:00
21/10/2009 16:30
Etc/GMT
 
 
 
 

COMEZO DO CURSO 09/10

 Benvidos de novo!

Este ano comezamos un novo curso cargadiño de novidades.

Por diante temos varios meses de actividades, experiencias e moitas cousas novas que aprender.

Boa sorte!

Obradoiro de Instrumentos Musicales

Ollade!

Os compañeiros/as de 6º participaron nun obradoiro de instrumentos musicais. Estes son algúns dos resultados obtidos...e soan bastante ben!!!

 



 

EXCURSIÓN DOS ALUMNOS DE 6º Á RIBEIRA SACRA

PASEO POLA RIBEIRA SACRA:ALUMNOS DE 6º

O VENRES, 12 DE XUÑO, ALUMNOS E PROFES FIXEMOS A EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA DESTES ALUMNOS NO CEIP "SAN VICENZO" FOI UN DÍA LONGO PERO PROBABLEMENTE INESQUECIBLE PARA TODOS.

PARTIMOS ÁS 7:OO DA MAÑÁ RUMBO A OURENSE, POR CERTO, PROVINCIA MOI DESCOÑECIDA PARA ELES.

DESPOIS DE PRETO DE CATRO HORAS EN AUTOBÚS, CHEGAMOS AO 1º DESTINO, EMBARCADOIRO DE SANTO ESTEVO, EN PARADA DO SIL, DICIR QUE OS ÚLTIMOS CATRO KILÓMETROS A MÁIS DUN/A  SE LLE PUXO UN NOÍÑO NO ESTÓMAGO, DEBIDO A BAIXADA "MOI ESPECIAL" DESE TRAMO.

 FACEMOS UNHA VIAXE DUNS DOCE KM EN CATAMARÁN, ADEMÁIS DE OBSERVAR ESTAS INCRIBLES PAISAXES, SE NOS FOI EXPLICANDO DE CAL FOI A ORIXE DESTE CANÓN, DA IMPORTANCIA DOS BANCALES PARA AS VIDES, DO MICROCLIMA QUE EXISTE NESTA ZONA E DA FAUNA E FLORA CARACTERIZADA POR ESTE MICROCLIMA.

Avergoñado TOCA AGORA FACER O ROTEIRO DE SENDEIRISMO, AQUÍ ENGANARÓNNOS, NON GUSTOU, EXCESIVAMENTE LONGA... SÍ, PARAXES PRECIOSAS, PERO...OS RAPACES DICIÁN QUE NON, QUE NON. O QUE SI AGRADECERON FOI O BAÑO QUE SE DERON AO REMATAR A ANDAINA PARA DESEGUIDO DEBORAR A COMIDA  NUN SANTIAMÉN.

Ver imagen en tamaño completo

 

CHEGA A HORA DE SUBIR POLAS PAREDES, ESTO DE ESCALAR!!! EMPEZARON MOI TÍMIDAMENTE, PERO PROBABLEMENTE POR ENVEXA AO FINAL TODOS FIXERON USO DO ROCÓDROMO.

 POR FIN A ACTIVIDADE POR EXCELENCIA, SEGUNDO ELES... CLARO, TODOS QUEDARON MARAVILLADOS CO PASEO QUE DERON A CABALO, CA BELEZA DOS CABALIÑOS...PERO COMA SEMPRE NON LLES CHEGOU A NADA. O TEMPO NON DEU PARA MÁIS.

TODOS DE NOVO AO AUTOBÚS, PARADA TÉCNICA POLO CAMIÑO E A 1:30 H. DA NOITE CHEGAMOS A VIMIANZO.

CREMOS QUE FOI UNHA BONITA EXCURSIÓN, SEMPRE HAI COUSAS QUE MELLORAR POR SUPOSTO, PERO PENSAMOS QUE FOI DIVERTIDA,  ENRIQUECEDORA E...CANSA.

 

 

 

Visita agalería de fotos

Opina no blogue.

Finaliza a xornada de convivencia coas unitarias

Un ano mais, rematou a xornada de convivencia na que nos viñeron a visitar os alumnos/as das unitarias de Castromil e Carantoña.

A experiencia foi moi gratificante para todos, mestras e alumnos/as xa que poidemos gozar dunha xornada diferente na que poidemos coñecernos un pouco mellor.

Ata o ano que ven!

 


 

 

Distribuir contido