En setembro, o profesorado do Centro decidiu que este ano o Entroido ía estar adicado á época medieval. Os máis pequeniños ían estudar os castelos, algúns maiores ían estudar a Idade Media; en definitiva, todos podíamos aprender moitas cousas con ese proxecto. Foron xurdindo ideas e a de levar a cabo unha Feira Medieval foi aplaudida polo conxunto do profesorado. Só había que darlle forma e enchela de contido. Isto custou varias xuntanzas e non poucas discusións.
O pasado venres 4 de marzo celebrouse no colexio o entroido. Este ano o recinto escolar convertiuse nun mercado medieval. Podedes ver fotos do envento e dos preparativos na Galería.
Os nenos e nenas do colexio celebraron o Día da Paz recordando a historia da nena xaponesa Sadako Sasaki, morta polos efectos da bomba nuclear sobre Hiroshima.
Os mestres quixeron transmitirlle ao alumnado o valoroso espíritu co que esta nena afrontou a súa enfermidade.