Skip to Content

MIL GRÚAS POLA PAZ

 

          Os nenos e nenas do colexio celebraron o Día da Paz recordando a historia da nena xaponesa Sadako Sasaki, morta polos efectos da bomba nuclear sobre Hiroshima.

          Os mestres quixeron transmitirlle ao alumnado o valoroso espíritu co que esta nena afrontou a súa enfermidade.

          Entre todos elaboraron mil grúas de papel, como manda a lenda, que agora permanecen penduradas nos corredores do colexio e que serán enviadas a Hiroshima para que sexan colocadas no Parque da Paz o 6 de agosto, data na que nesa cidade se conmemora o día da Paz.

 

Este día xuntámonos todos na biblioteca e tres mestres de Infantil leron algúns capítulos do conto "Sadako e as mil grúas de papel". Posteriormente dúas alumnas de 6º leron dous poemas e finalmente cantamos " Chiquitita" e " Los niños queremos la paz". (Fotos na Galería)

Poemas elaborados polo alumnado de 6º

 

 

SADAKO SASAKI (por Sara, Ana, Andrea e Domingo)

 

Cando Sadako dous anos tivera, 

unha bomba en Hiroshima caería.

Cando unha bomba en Hiroshima caera, 

a nena leucemia collería.

Cando a nena collese leucemia, 

nunha carreira caería.

Cando nunha carreira caese, 

no hospital despertaría.

Cando no hospital despertase, 

unha amiga contándole unha lenda a animaría.

Cando unha lenda a animase, 

unha grúa lle regalaría.

Cando unha grúa lle regalase, 

ela logo máis faría.

Cando máis fixera, 

ás 644 morrería.

E cando morrese, 

As mil grúas completarían.

 

 

SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL (por Valeria, Abel, Denís, Vera e Ricardo)

 

Cando Sadako teña dous anos

unha bomba en Hiroshima caerá.

Cando caia a bomba, 

moita xente enfermará e morrerá.

Cando morra e enferme a xente

Sadako leucemia terá.

Cando Sadako leucemia teña, 

nunha carreira se desmaiará.

Cando nunha carreira se desmaie

a un hospital a levarán.

Cando a un hospital a leven, 

unha visita dunha amiga a soprenderá.

Cando unha visita dunha amiga a sorprenda

esta cunha historia de grúas a apoairá.

Cando a apoie cunha historia, 

a primeira grúa lle regalará.

Cando a primeira grúa lle regale

ela máis fará.

Cando ela máis faga

a 644 chegará.

Cando a 644 chegue

Sadako morrerá.

Cando Sadako morra

os seus compañeiros se conmoverán.

CAndo os seus compañeiros se conmovan

as mil grúas completarán.

Cando as mil grúas completen

unha estatua lle levantarán.

Cando unha estatua lle levanten, 

cada ano mil grúas máis farán.

Cando cada ano mil grúas máis fagan

nun símbolo de paz se convertirá.

          



  

story | by Dr. Radut