Skip to Content

Novas

RELACIÓN DO ALUMNADO ADMITIDO NO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 24-25. LISTADO PROVISIONAL

Xa están publicadas,  no taboleiro da entrada ó centro, as listas provisionais de admitidos/as no comedor escolar para o vindeiro curso 2024-2025.

Por protección de datos non se poden publicar na web os datos. Podedes pasarvos polo centro ou chamar por teléfono en horario de secretaría (10 a 13h.)

SOLICITUDE PRAZA COMEDOR CURSO 24/25


O prazo para solicitar praza no comedor para o vindeiro curso escolar 2024-2025 estará aberto dende o 20 ata o 30 de xuño. Horario de secretaría.

APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 24-25

A Consellería de Cultura e Educación ven de anunciar a apertura do prazo para solicitar as axudas de libros de texto e material escolar

ACTIVIDADE ESPAZO FAMILIAS

 

Clicando na imaxe superior podedes saber máis da nova actividade do Espazofamilias de Boiro. Animádevos a participar!!

PRAZOS DE SOLICITUDE DE RESERVA, ADMISIÓN E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2023-2024

Este ano, 2023, os prazos de reserva e matrícula modifícanse un pouco con respecto doutros anos.

HORARIO DE REUNIÓNS INICIAIS

A vindeira semana haberá reunión coas familias co equipo directivo e o equipo docente. Será no seguinte horario:

Luns 5 ás 11:30 para as familias de infantil

Martes 6 ás 11:30 para as familias de primaria

Lugar: biblioteca do cole

FEIRA MEDIEVAL

Debido a inestabilidade do tempo, tomamos a decisión de suspender a feira medieval que estaba previsto realizar esta semana. Acordamos deixar esta celebración para a Semana Cultural, entre o 9 e o 16 de maio. Para daquela, confiamos en que pare de chover.

En calquera caso, este venres celebraremos o Entroido bailando a ritmo de karaoke e tomando o chocolate ao que nos invita a ANPA e os produtos típicos desta época.

Esperamos que todos os que poidan nos acompañen nesta festa escolar.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut