Skip to Content

Mar guerra ou xogar coas palabras

 

          A visita da escritora e xornalista  Mar Guerra encheu de alegría e expresividade  a biblioteca do Centro, onde a estabamos esperando.


          Contounos que se fixo xornalista polo afán que tiña desde pequerrecha en contar historias. Claro que, nos seus miolos bulían tantas cousas que non lle chegou con narrar feitos reais, senón que sentía a necesidade de poñer por escrito outras "realidades" un pouco máis fantasiosas pero que sempre teñen un transfondo sacado da vida mesma. O empurrón que precisaba para adicarse ao oficio de escritora foi o feito de gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil, coa obra Xenaro e a mochila verde, obra que levaba durmindo nun caixón algún tempo e que non se atrevía dar a coñecer.

         Con ela aprendimos, en primeiro lugar, o valor de encarar a vida con moitísimo ánimo e alegría, e, a maiores, o valor da lectura, do xogo que poden dar as palabras, todas as palabras, á hora de dar ás á nosa imaxinación a aos nosos sentimentos.

         Grazas, Mar, pola túa actitude tan positiva.

 

         A continuación queremos compartir as reflexións da alumna de 6º, Marta Torrado, tras ler os libros de Mar Guerra:

 

             "Gustaríame ter palabras precisas de meu para che transmitir ó dereito o carafío, a excitación, o medo, os nervios, todo aquilo que envurullado e de socate se apoderou de" min trás ler os dous libros de Xenaro. Soache, non?

            Haberá máis Xenaros? Ogallà! Quero pensar que si, para que un sentimento de satisfacción inunde o meu interior chegando ó máis fondo del e regresando en forma de sonriso ó exterior.

             Xenaro é un personaxe ficticio, mais para min foi máis cunha lectura obrigatoria. Todos os capítulos eran emoción tras emoción, misterio tras misterio, intriga tras intriga... Tras rematar o primeiro, quería que a profesora mandara ler o segundo. Cando por fin o tiven nas miñas mans, foi un momento raro, sentía ... BOLBORETAS NO BANDULLO! Quería comezar a ler, máis non é boa idea ler mentres vas andando polas rúas de Boiro e pendente de seguir a túa nai, que vai moi apurada.

             (Con a de araucaria, agocho e alcumar).

 

 



       



  

blog | by Dr. Radut