VISITA IES FERNANDO BLANCO

O alumnado de 3º/4º/5º/6º de Educación Primaria visitou as instalacións do IES Fernando Blanco en Cee para realizar a súa exposición dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos Dumbría 2024:

PERCORRIDO ENCENDIDO DO PEBETERO

O alumnado de Ed. Infantil e 1er ciclo de EP coa axuda de LEGO Educativo deseñou o percorrido que teremos que facer todas as clases na cerimonia de apertura para rematar acendendo o pebetero:

ANTORCHA OLÍMPICA BARCELONA´92

Grazas ao empréstito de M. Fontenlos, coordinador de Xogade da nosa zona, poderemos expoñer no noso centro unha antorcha olímpica que se empregou nas Olimpiadas de Barcelona 92:

FASE COMARCAL CAMPO A TRAVÉS - CEE

OBRADOIRO DE TEATRO

O martes 16 de xaneiro continuamos co obradoiro de teatro:

MASCOTAS OLÍMPICAS

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO 6º DE PRIMARIA CURSO 2024/2025

Estimadas familias:

O prazo de reserva de praza dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria que o próximo curso 2024/2025 estea nun centro de educación secundaria estará aberto desde o 15 de xaneiro ata o 05 de febreiro.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: deberá seleccionar a opción de menú "Solicitudes-Admisión-Crear" na aplicación admisiónalumnado . Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón "Crear e confirmar". Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica: deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú "Solicitudes-Admisión-Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón "Confirmar solicitude" e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude. IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMLIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación admisionalumnado ).
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Poden descargar a solicitude nos enlaces da aplicación admisionalumnado.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

OBRADOIRO TEATRO

Continúamos no segundo trimestre co obradoiro de teatro:

MENÚ XANEIRO

Para ver o menú de xaneiro pinchar aquí

Powered by Drupal - Design by artinet