Estimadas familias:
Segundo a Resolución do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Polo tanto, desde o día 25 de maio, xa se pode solicitar cita para vir recoller este material.
Con respecto aos impresos de comedor correspondentes ao mes de marzo, xa están dispoñibles para a súa recollida no centro. Tamén se pode facer entrega dos impresos pagados correspondentes a meses anteriores.
Para estes efectos, a dirección do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría, atenderá as correspondentes peticións con cita previa, chamando ao 881880654, co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá as medidas de prevención.
O horario do centro será de Luns a Venres, de 10.00 a 13.00 horas.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO