FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Estimadas familias:
Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25, o prazo para presentar solicitudes rematará o 21 de xuño de 2024 (incluído).
Poderán presentar as solicitudes dos seguintes xeitos:
- Electrónica: utilizando a aplicación FondoLibros e presentando a solicitude na Sede Electrónica. Necesitará ter conta de Chave365 ou ter instalado certificado dixital-DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma. Na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación FondoLibros, imprimir os Anexos I e II producidos e presentar no centro educativo.
- Presencial manual no centor educativo (solicitar cita previa): cubrir os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presentalos no centro educativo.
O alumnado que non esta admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Para ver a documentación complementaria (artigo 11), pinchar aquí . Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.
A data máxima para a devolución de libros empregados no curso 2023/2024 será o 21 de xuño de 2024 (incluído).
Información membros computables da unidade familiar (artigo 4): pinchar aquí
Información renda per cápita da unidade familiar (artigo 3): pinchar aquí
Para solicitar cita previa:
- Teléfono do centro: 881880654
- Correo electrónico: ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
CONTACONTOS KALOPSIA
Hoxe, 09 de maio, tivemos unha sesión de contacontos organizada polo Concello de Dumbría para o alumnado de 1º/2º/3º/4º de Educación Primaria:
Kalopsia, un planeta non tan diferente, unha sesión de contacontos e actividades, con interpréte de lingua de signos, da man de Europe Direct A Coruña. Con kalopsia, a rapazada descubrirá Europa desde o espazo exterior
MONUMENTOS MEGALÍTICOS
O alumnado de 3º/4º de Educación Primaria realizou unha exposición de monumentos megalíticos:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »