MENÚ XUÑO

Para ver o menú de xuño pinchar aquí

CAMPAÑA COME LOCAL

Estimadas familias:

O servizo de comedor do noso centro, en colaboración coa Asociación Slow Food Compostela, leva participando desde as últimas semanas nunha campaña de promoción de produtos dentro das DOP (Denominación de Orixe Protexida), IXP (Indicación Xeográfica Protexida) e da Agricultura Ecolóxica de proximidade.

Esta campaña consiste en achegar ao comedor, de forma gratuíta, produtos galegos con certificado de calidade: DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade. Os usuarios e as usuarias do comedor poderán degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantizada, ademais de levar receitarios proporcionados por Ternera Gallega.

Tamén haberá diversos carteis informativos no comedor (VER ARQUIVOS ADXUNTOS)

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

HORARIO MES DE XUÑO

Estimadas familias:

Recordámoslles que o horario de xornada continua dará comezo o martes, día 01 de xuño. 

Este horario distribúese da seguinte maneira:

  • Clases: 9.30 - 14.30 horas.
  • Comedor: 14.30 - 15.10 horas.
  • Saída: 15.15 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No día de hoxe, saíu publicada no DOG a Orde do 06 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2021/2022.

Esta orde ten por obxecto regular:

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria, cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/2021.

b) Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

c) Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde o día 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos inclusive. O horario de atención ao público será de Luns a Venres, no mes de maio, de 10.00 a 10.50 horas, e no mes de xuño, de 9.30 a 10.20 horas. É de obrigado cumprimento o respecto ás medidas de prevención e hixiene (uso de mascarilla...). 

As solicitudes poderán presentarse por vía telemática empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

As persoas interesadas deberán achegar, debidamente cubertos, o Anexo I-II, máis a seguinte documentación:

  • Copia do libro de famlia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

A data máxima para a devolución de libros empregados neste curso 2020/2021 en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria será o 22 de xuño, inclusive.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe definitiva de admisión para o curso 2021/2022 no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso, infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.

Nos próximos días avisaremos ás familias para proceder coa formalización da matrícula.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias:

Comunicámoslles que non haberá clases o día 14 de maio, por ser substitutivo de festivo local, e o 17 de maio, por ser festivo autonómico.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ MAIO

Para ver o menú de maio pinchar aquí

MENÚ ABRIL

Para ver o menú de abril pinchar aquí

MENÚ MARZO

Para ver o menú de marzo pinchar aquí

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

Estimadas familias:

O prazo de solicitude de admisión para o próximo curso 2022/2023 estará aberto desde o día 01 ata o 21 de marzo, ambos inclusive.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de xeito manual ou a través da aplicación admisión alumnado no menú Solicitude-Admisión-Crear. Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Aquelas familias que desexen cubrir as solicitudes de xeito manual, poden descargar nos seguintes enlaces os correspondentes formularios:

Documentación a presentar: Fotocopia libro de familia, fotocopia certificado de empadronamento, fotocopia DNI dos proxenitores, fotocopia cartilla de vacinación alumno/a solicitante, fotocopia tarxeta sanitaria alumno/a solicitante, 4 fotos tamaño carnet alumno/a solicitante e sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

Horario de atención ao público: de Luns a Venres, de 10.00 a 10.50 horas. Mércores, de 15.40 a 16.30 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet