Come local

Estimadas familias:

Onte, 26 de outubro, tivo lugar no noso centro unha charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre hábitos alimenticios enmarcada na campaña iniciada no curso 2020/2021 de "Come local".

Nesta charla falaronse dos alimentos de proximidade e os seus beneficios na nosa saúde, así como conceptos de agricultura ecolóxica, denominación de orixe...

O alumnado de Educación Primaria poderá participar no Concurso de Carteis do Día Mundial de Alimentación. A data límite é o próximo 05 de novembro. Para participar pinchar aquí

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ OUTUBRO

Para ver o menú de outubro pinchar aquí

MENÚ SETEMBRO

Para ver o menú pinchar aquí

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2021/2022

  1. Segundo a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a impartición efectiva das clases e funcionamento do comedor, no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, será desde o día 09 de setembro de 2021 ata o 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.
  2. Os formularios de autodeclaración do comedor poderán entregarse antes do 08 de setembro de 2021. Será necesario ter pagos os impresos do curso pasado para poder ser usuario do servizo de comedor.
  3. Todo alumnado que teña algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria terá que entregar en secretaría do centro o correspondente certificado médico antes do 08 de setembro.
  4. As solicitudes para colaborar no comedor poderán entregarse antes do 08 de setembro. Será necesario aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta. 
  5. Os cheques de axuda de material escolar poderán recollelos nos primeiros días de setembro.
  6. Cada mañá deberá facerse, NA CASA, a enquisa de autoavaliación clínica familiar e comprobar que ningún membro presente algún síntoma compatible coa COVID-19. Os resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa, os proxenitores non enviarán ao alumnado ao centro e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
  7. En caso de sospeita, o alumnado non poderá acudir ao centro, deberán comunicarllo ao Equipo Covid do centro e tamén ao pediatra para que o valore e, de ser positivo, que propoña medidas sanitarias.
  8. Se a sospeita recae noutro membro da unidade familiar que non sexa o alumnado, tomaranse as medidas que nos proporcionen desde o centro de saúde de referencia.
  9. O alumnado de primaria (a partir dos 6 anos) ten a obriga de usar máscara en todo momento, polo que deberán de traer diariamente un estoxo (“riñonera”) para gardala no caso de que, por exemplo, acudan ao comedor. Tamén será preciso traer unha máscara de recambio.
  10. A pesares de que en infantil a máscara non sexa de uso obrigatorio, consideramos que é altamente recomendable traela, nas mesmas condicións que o alumnado de primaria.
  11. Haberá soportes con xel hidroalcoholico distribuídos polo centro para desinfección das mans, ademais de soportes nos baños con xabón e papel desbotable.
  12. Realizaranse ventilacións frecuentes das aulas, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.
  13. Realizarase dúas veces ao día, unha pola mañá e outra ao finalizar as clases, a limpeza de todos os aseos do centro.
  14. O alumnado de infantil non empregará mandilón ao longo do curso escolar.
  15. Tanto no transporte como no comedor, o alumnado terá asignado o mesmo sitio para todo o curso.
  16. O acceso ao centro para o alumnado transportado será, nos meses de setembro e xuño, a partir das 9.15 horas; nos meses de outubro a maio, a partir das 9.45 horas. O alumnado non transportado poderá acceder ao centro, nos meses de setembro e xuño, ás 9.30 horas (ou a partires das 9.15 horas nos casos debidamente xustificados); nos meses de outubro a maio, ás 10.00 horas (ou a partires das 9.45 horas nos casos debidamente xustificados), ou unha vez que todo o alumnado transportado faga a súa entrada. Todo o alumnado que acceda ao centro, trasladarase directamente a súa aula, non podendo quedar no patio nin no vestíbulo do centro. O alumnado que non faga uso do comedor, nos meses de outubro a maio, fará a súa entrada ás 14.50 horas.
  17. O alumnado transportado fará a súa saída, nos meses de setembro e xuño, ás 15.15 horas, ao igual que o alumnado non transportado. Aquel alumnado que non faga uso do comedor, fará a súa saída ás 14.30 horas. Nos meses de outubro a maio, todo o alumnado fará a saída do centro ás 16.30 horas; o alumnado que non faga uso do comedor, fará a súa saída ás 13.20 horas. Os familiares agardarán no exterior do centro.
  18. O alumnado de cada aula constituirá un Grupo de Convivencia Estable, os cales se manterán na distribución do comedor.
  19. Os recreos do alumnado de infantil e primaria serán á mesma hora. Cada grupo terá unha zona específica de xogo.
  20. Tendo en conta as medidas sanitarias de hixiene e protección establecidas, non se admitirá no centro ningún tipo de alimento externo para a celebración de eventos, conmemoracións, aniversarios ou calquera tipo de actividade, coa excepción dos almorzos individuais.
  21. Os familiares do alumnado acudirán ao centro cando sexa imprescindible, e procurarase resolver calquera tema a distancia (vía telefónica, vídeochamada ou correo electrónico). O acceso ás instalacións do centro por parte doutras persoas que non sexan ou alumnado ou persoal, terá que contar co preceptivo permiso e requirirá a hixiene de mans, o emprego de máscara e a toma de temperatura.

 

Atentamente,

O director e coordinador do equipo Covid do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría

Daniel Mato Neira

MODIFICACIÓN RECOLLIDA DE VALES - LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Estimadas familias:

Modifícanse os días para recoller os vales de libros de texto e material.

Finalmente, serán os días 22 e 23 de xullo, ambos inclusive. O horario será de 11.00 a 12.30 horas.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

RECOLLIDA HISTORIAIS ACADÉMICOS ALUMNADO 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

O próximo venres, 16 de xullo, de 10.00 a 12.00 horas, poderán recoller os historias académicos do alumnado de 6º de Educación Primaria.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a impartición efectiva das clases e funcionamento do comedor, no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, será desde o día 09 de setembro de 2021 ata o 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

O período de adaptación do alumnado en educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro non se prolongará máis alá do día 21 de setembro de 2021.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DATAS DE PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL/DEFINITIVA LIBROS E MATERIAL

Estimadas familias:

O próximo 09 de xullo publicarase a listaxe provixional de axudas de libros de texto e material en Educación Primaria para o próximo curso.

Poderase reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A listaxe definitiva publicarase o 20 de xullo de 2021.

Os vales, tanto para libros como para material, poderanse recoller no centro do 21 ao 23 de xullo, ambos inclusive. O horario será de 11.00 a 12.30 horas.

Para consultar as listaxes, tanto provisionais como definitivas, poderán:

  • Chamar ao centro (Teléfono: 881880654) 
  • Enviar correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal 
  • Acudir ao centro, en horario de 11.00 a 12.30 horas.
  • Entrando en https://www.edu.xunta.es/fondolibros no menú "Cidadáns".

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

COMEDOR 2021/2022

Estimadas familias:

Segundo a Instrución 2/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 01 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021/2022, para poder ser usuario deste servizo haberá que entregar no centro o modelo de autodeclaración (Anexo II) antes do día 08 de setembro (A renda neta per cápita familiar corresponderá ao ano 2020).

Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta instrución debidamente cuberto e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta. O prazo para entregar a documentación remata o 08 de setembro. 

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS - SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

Os días 31 de maio e 01 de xuño tivo lugar no noso centro o I Campionato de Campo a Través "Santa Eulalia de Dumbría". Aquí vos deixamos unhas fotos das probas:

Saída 3 anos

Pódium 3 anos

Saída 4-5 anos

Pódium 4-5 anos

Pódium 1º - 2º

Saída 3º - 4º

Pódium 3º - 4º

Saída 5º - 6º

Pódium 5º - 6º

Noraboa campións!

Powered by Drupal - Design by artinet