MENÚ XANEIRO

Para ver o menú de xaneiro pinchar aquí

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Estimadas familias:

O prazo de reserva de praza en centro de adscrición para o curso 2022/2023 será desde o 11 de xaneiro ata o 08 de febreiro (dirixida ao alumnado que actualmente curse 6º curso de Educación Primaria).

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá pinchar aquí e seleccionar a opción do menú "Solicitudes - Reserva - Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela "Confirmar solicitude". Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón "Confirmar" e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica: para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder á aplicación admisión alumnado pinchando aquí e premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Deberá entrar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú "Solicitudes-Reserva-Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela "Confirmar solicitude". Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón "Confirmar" e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente. IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar pinchando aquí). Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando desde os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Galego

Castelán

 

TRANSPORTE ANO 2022

Estimadas familias:

Pinchando aquí, poderán consultar as novas rutas e paradas que se realizazarán desde o 10 de xaneiro, segundo datos facilitados pola nova empresa concesionaria do servizo de transporte no noso centro.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO 

PUBLICACIÓN DE NOTAS 1º TRIMESTRE

Estimadas familias:

As notas do alumnado correspondentes ao primeiro trimestre poderán consultarse a través da aplicación "abalarMóbil" da Xunta de Galicia.

Serán publicadas ao longo do día 21 de decembro.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DÍA 21 DE DECEMBRO

Estimadas familias:

O día 21 de decembro, última día lectivo do presente trimestre, haberá clase co horario habitual.

As clases no segundo trimestre comezarán o 10 de xaneiro.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias:

Comunicámoslles que os días 6, 8 e 10 de decembro non haberá clase por ser días festivos.

Os días 7 e 9 de decembro haberá clase co horario habitual.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

MENÚ DECEMBRO

Para ver o menú decembro pinchar aquí

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Estimadas familias:

Comunícolles que no día de hoxe saíu publicada no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/2022.

Non terán que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.

Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (Exercicio fiscal ano 2019).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A forma de presentación da solicitude será unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado/a o/a alumno/a, do 15 ao 26 de novembro de 2021. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/2022.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I-Anexo II) unha copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. 

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ NOVEMBRO

Para ver o menú pinchar aquí

Powered by Drupal - Design by artinet