RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Estimadas familias:

O prazo de reserva de praza en centro de adscrición para o curso 2022/2023 será desde o 11 de xaneiro ata o 08 de febreiro (dirixida ao alumnado que actualmente curse 6º curso de Educación Primaria).

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá pinchar aquí e seleccionar a opción do menú "Solicitudes - Reserva - Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela "Confirmar solicitude". Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón "Confirmar" e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica: para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder á aplicación admisión alumnado pinchando aquí e premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Deberá entrar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú "Solicitudes-Reserva-Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela "Confirmar solicitude". Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón "Confirmar" e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente. IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar pinchando aquí). Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando desde os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Galego

Castelán

 

Powered by Drupal - Design by artinet