Hoxe, mércores 21 de decembro, pola mañá, o alumnado do noso centro gozou dunha chocolatada como inicio das festas do Nadal!
PUBLICACIÓN DE NOTAS 1º TRIMESTRE - CURSO 2022/2023
Estimadas familias:
O próximo 22 de decembro publicaranse as notas en Abalarmóbil correspondentes ao 1º trimestre do presente curso.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
CONVOCATORIA SECTOR PAIS/NAIS PARA RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
Estimadas familias:
Recordarlles, tal como foi enviada na Circular 2/2022-2023 o pasado 03 de novembro, que o prazo para presentar candidaturas ao sector de pais/nais para renovación de consello escolar remata o día 11 de novembro ás 13.00 horas.
Poderán recoller o impreso na Secretaría do Centro ou descargalo pinchando aquí . Poderase entregar de forma presencial ou por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal no prazo anteriormente mencionado.
Atentamente,
PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL
FESTIVO LOCAL
Estimadas familias:
Comunícaselles que o día 11 de novembro o centro permanecerá pechado por festivo local no Concello de Dumbría.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Estimadas familias:
Comunícaselles que no Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación de axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros.
As familias poderán recoller os vales a a partir do día 18 de outubro en horario de atención ao público, de luns a venres, de 10.00 a 10.50 horas, e mércores de 15.40 a 16.30 horas.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
PROGRAMA ECOCOMEDORES
ABALAR MÓBIL
Estimadas familias:
Aconsellamos instalar a aplicación AbalarMóbil no teléfono o antes posible para poder recibir notificacións do centro.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »