AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Comunícaselles que no Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación de axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros. 

As familias poderán recoller os vales a a partir do día 18 de outubro en horario de atención ao público, de luns a venres, de 10.00 a 10.50 horas, e mércores de 15.40 a 16.30 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet