CAMBIOS NO PROTOCOLO COVID

Estimadas familias:

Unha vez recibidas as últimas instrucións por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, os cambios introducidos no protocolo COVID son os seguintes:

  • O alumnado, profesorado ou outro persoal que presente síntomas respiratorios compatibles coa COVID-19, independentemente do seu estado de vacinación, NON DEBERÁ ACUDIR AO CENTRO EDUCATIVO ata que teña un resultado dunha proba diagnóstica ou no caso de que non fose posible realizar esta proba, ata que finalice o período de illamento mínimo de 7 días e sempre que pasasen 3 días desde o fin do cadro clínico. A familia do alumnado afectado deberá solicitar cita co pediatra (881540045 con síntomas leves ou 061 con síntomas graves).

Se se realiza o test na farmacia, xa se pode declarar na mesma. Se se realiza na casa, haberá que notificalo a Sanidade (881540045). Os autotest non requerirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.

  • As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
  • A definición de contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2 metros dun caso positivo ata as 48 horas antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
  • Ante a aparición dun primeiro caso na aula e ata un total do 20% da ocupación da mesma, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal. Comunicarase ás familias da aula que extremen as precaucións por positivo no seu entorno. Se se supera o límite anteriormente mencionado, seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet