Skip to Content

3 anos

PARQUE DE SANTA MARGARITA

Hoxe realizamos a saída ata o parque de Santa Margarita. Alí agardábanos dúas monitoras e máis un trasno chamado "Cascanueces" para xogar con nós. Primeiro fixemos uns xogos para coñecer o tempo. Logo, vimos as árbores máis típicas do parque, investigando como detectives. Tamén aprendemos a reciclar a basura e, por último, fomos  visitar aos 3 parrulos do estanque. A pena foi que non poidemos merendar alí pois o autobús tiña que marchar. Pero as profes, como compensación, decidiron facer, un día que o tempo sexa bo, unha merenda campestre no fantástico patio que temos no cole.

MURAL PRIMAVERA

 

Rematado o mural da primavera, xa estamos a traballar nun mural das Letras Galegas, este ano dedicado a Xosé Filgueira Valverde.  A vindeira semana xa o publicaremos.

NACEU UN AMORODO!!

Hoxe, despois do ensaio do baile das Letras Galegas, fomos ata a horta para ver as nosas leitugas. Estaban un pouquiño máis grandes pero, para a nosa sorpresa, naceu  un amorodo!! Sorriso

 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Hoxe conmemoramos o día do libro. Os alumnos dos curso máis elevados  foron ás aulas de infantil e 1º ciclo a lerlle un conto. Na aula elaboramos un marcapáxinas moi simpático.

 

PLANTAMOS LEITUGAS

O venres a aula de María foi a plantar leitugas e amorodos á horta do cole e o luns foi a clase de Mila. Hoxe, despois do concerto, fomos regar as plantas e, ao rematar, tivemos tempo de recoller flores para facer un ramo para a familia. Como facía un tempo estupendo rematamos a xornada no areeiro.

Foi un día estupendo!!

Pero como nunca chove ao gusto de todos, Sabela, con tono de queixa, dixo: HOXE NON TRABALLAMOS NADA!!

 

 

 

JAZZ ANIMADOS

Hoxe asistimos a un concerto no Palacio da Ópera, titulado "Jazz animados". Contaba cun grupo de Jazz que poñía música a unha serie de debuxos animados. Tamén había unha marioneta  que facía de copresentador e divertía ao nen@s.

 

 

PARABÉNS ALMA

Alma cumpre catro anos o 3 de abril, pero como cadra en vacacións, celebrámolo hoxe. A súa nai trouxo unha tarta moi rica, que compartimos coa aula de María.

Feliz aniversario Alma!!

 

 

FELICIDADES LEO

Onte celebramos o aniversario de Leo. É o maior!! Cumpriu 4 anos. Tomamos un pastel de chocolate que estaba moi rico e cantámoslle o "Cumpleaños feliz".

 

NENO - NENA

Tamén sabemos distinguir se somos nenos ou nenas. Coñecemos o noso sexo.

 

  

O CORPO

Iniciámonos co corpo facendo un boneco, sendo nós os modelos. A cabeza dun, o pé doutro...

 

 

 

Como xa sabemos moi ben a canción de "Mi carita", agora estamos aprendendo a  titulada "Las partes de mi cuerpo".

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut