Skip to Content

3 anos

FESTA FIN DE CURSO

Hoxe, por ser o último día de clase, fixemos festa. Tomamos, despois de merendar, gusanitos e zume. Logo, ás 11 fomos para o patio e xogamos nos inchables e bailamos ata o remate.

 

 

FELIZ VERÁN A TOD@S !!

ANIVERSARIO DE SARELA E JULI

Onte celebramos o aniversario de Sarela e Juli. Naceron o 22 e 23 de xuño pero como non hai escola celebrámolo anticipado. Cando voltemos en setembro celebraremos os que cumpriron no verán.

 

MERENDA CAMPESTRE

 

O prometido é débeda!! Hoxe, por fin, merendamos no campo. Aproveitamos o fantástico día e fomos todos a merendar fóra.

 

 

Facemos colgantes

Co barro que modelamos o outro día fixemos corazóns, estrelas, caracois,... Logo, pintámoas de diferentes cores. Hoxe leváronas para casa.  A maioría fixo dúas figuras, unha para papá e outra para mamá, pero houbo agún alumno/a que se emocionou tanto co barro que chegou a facer adornos para toda a familia.

 

 

DÍA DO DEPORTE

Hoxe celebramos o I campeonato de xogos e deportes. Xogamos ás carreiras, a encestar aros, xogos de equilibrio, meter o balón na portería e, por último, ao paracaídas. Isto encantoulles. Ao final, gañamos todos e recibimos diplomas.

 

O LIBRO DO MEU NOME

Cada alumno levará para casa o "Libro do meu nome". Este caderno recolle  a evolución da escritura do seu nome ao longo do curso. Permite comparar como nos primeiros meses só facía garabatos ata escribir o seu nome sen necesidade de copia. Algúns conseguírono en poucos meses, outros precisaron máis tempo.

 

MODELAMOS CON BARRO

Coas mans podemos facer moitas cousas... entre elas modelar. Hoxe experimentamos co barro e gustoulle moito a todos.

 

PINTAMOS CON ACUARELA

 Esta semana aprendemos a pintar con acuarelas. O que máis nos custou foi lembrar que tíñamos que lavar o pincel cada vez que cambiábamos de cor. A experiencia foi moi relaxante e gustou moito. Repetiremos!!

 

RECOLLEMOS REMOLACHA

Hoxe, como todos os días, fomos  regar as leitugas e atopamos que a remolacha xa estaba saíndo da terra. Recollemos dúas remolachas, que lle tocaron ás profes. A nós tamén nos gusta a ensalada!!

 

MERENDAMOS AMORODOS

Hoxe tivemos unha merenda moi saudable. A nai de Antía (Verónica) tróuxonos un recipiente cheo de amorodos, collidos na súa horta. Compartímolos cos compis da clase de María e comémolos todos. Estaban boísimos!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut