Skip to Content

3 anos

PICASSO

As nenas e nenos da clase de María escollemos para traballar a Picasso unha representación dunha pomba da paz...gustounos moito darlle voltas ao cadro e atopar unha cara arriba, abaixo, a un lado, a outro....resultou un traballo moi divertido! A ver se vos gusta!

ANIVERSARIO DE ALBA

Rematamos case o mes de maio co aniversario de Alba!

Para celebrar que xa ten 4 anos trouxo unha tarta de Peppa Pig(que puidemos compartir cos nosos compañeiros da clase de Mila) e unhas bolsas de riquísimas chuches.

Moitas grazas e moitísimas felicidades, Alba!

PICASSO

Este ano cúmprense 120 anos da 1ª exposición de Picasso, a cal tivo lugar na Coruña. Por mor  disto, o equipo de Activdades Complementarias e Extraescolares decidiu levar a cabo un proxecto sobre Picasso. Cada clase escollería un cadro de Picasso e o pintaría para expoñelos despois nas cristaleiras, a modo de vidreiras. A clase de Mila escolleu un cadro titulado “Cabeza de mujer”, en honor a Olga Picasso.

 

 

TENGO DOS MANITAS

PROXECTO AS MANS

Como sabedes, estamos traballando no proxecto As mans. Esta semana fixemos un taller no que elaboramos uns monicreques coas mans. Aquí podedes ver todos.

 

 

ANIVERSARIO DE AYLA

O venres pasado celebramos o aniversario de Ayla....xa ten 4 anos!

Para celebralo trouxo unhas caixiñas-sorpresa que nos gustaron moitísimo! Graciñas Ayla e moitas felicidades!!!

 

A NOSA PRIMEIRA LEITUGA

Hoxe fomos á horta e recollemos a primeira leituga (antes de que a coman os paxaros). Esta tocoulle a Álex. Segundo vaian medrando iranas levando para casa.

 

DÍA DA FAMILIA

Hoxe, 15 de maio, celébrase o día da familia. Nós, para conmemoralo, fixemos unha flor moi especial. Estamparon a súa man en pintura e recortaron un talo con follas. Tamén repasaron con rotulador as palabras:

FELICIDADES FAMILIA.

 

 

O ESPANTALLO

Como os paxaros andaban a comer as verduras doutros cursos, colocamos na nosa hortiña uns espantallos. Son uns paus cunha cinta prateada. Mirade que bonitas están as nosas leitugas!!

 

MURAL LETRAS GALEGAS

 

 

Para o mural das Letras Galegas fixemos unha árbore chea de letras, pois estaba elaborado con papel de xornal engurrado. Logo, pintamola de moitas cores e tamén pintamos o ceo e o campo. O máis orixinal desa árbore é que non ten follas, senón beizos que din  palabras en galego. Como o galego ten tantas palabras e nós somos pouquiños, axudáronnos os compañeiros de 4 e 5 anos, aínda que nos escribimos unha cada un, as máis curtiñas, claro!!

Distribuir contido


by Dr. Radut