Skip to Content

GRAZAS Á COMUNIDADE EDUCATIVA DE VISMA

QUEREMOS AGRADECER DENDE A DIRECCIÓN E DO PROFESORADO DO CENTRO, TODO O ESFORZO E COLABORACIÓN QUE TODAS/OS E SOBRE TODO, AS NENAS/OS DO NOSO CENTRO, ESTADES A REALIZAR PARA LOITAR DE XEITO SEGURO CONTRA ESTA SITUACIÓN SANITARIA QUE ESTAMOS VIVINDO. SOLICITAMOS A MÁXIMA COLABORACIÓN NAS ENTRADAS SAÍDAS E NAS MEDIDAS SANITARIAS PARA FACER DO NOSO CENTRO UN LUGAR SEGURO DE EDUCACIÓN.

QUEREMOS AGRADECER DESDE LA DIRECCIÓN Y DEL PROFESORADO DEL CENTRO, TODO EL ESFUERZO Y COLABORACIÓN QUE TODAS/OS Y SOBRE TODO, LAS NIÑAS/OS DE NUESTRO CENTRO, ESTÁIS A REALIZAR PARA LUCHAR DE MANERA SEGURA CONTRA ESTA SITUACIÓN SANITARIA QUE ESTAMOS A VIVIR. SOLICITAMOS LA MÁXIMA COLABORACIÓN EN LAS ENTRADAS Y SALIDAS Y EN LAS MEDIDAS SANITARIAS, PARA HACER DE NUESTRO CENTRO UN LUGAR SEGURO DE EDUCACIÓN.
WE WANT TO THANK THE ADDRESS AND TEACHERS DO CENTRO, ALL OR EFFORT AND COLLABORATION THAT ALL / OS AND ABOVE ALL, AS GIRLS / OS DO NOSO CENTRO, STATES TO BE CARRIED OUT FOR LOITAR DE XEITO SEGURO AGAINST THIS SANITARY SITUATION WE ARE ALIVE. WE REQUEST A MAXIMUM COLLABORATION NAS SAÍDAS ENTRIES AND NAS SANITARY MEASURES TO FACER DO NOSO CENTRO A SAFE PLACE OF EDUCATION.

VALES DE AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

OS VALES DE AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR , QUE NON FOSEN RECOLLIDOS SE ENTREGARÁN  PREVIA CITA TELEFÓNICA.

 

 

FIN DE CURSO

ESTIMADAS FAMILIAS QUEREMOS REMATAR O CURSO DESTE XEITO TAN ORIXINAL E DESEXANDO DE TODO CORAZÓN VOLTAR EN SETEMBRO CON MOITO ÁNIMO E FORZAS RENOVADAS, ESPERAMOS QUE VÓS COIDEDES MOITO E DESCANSEDES ESTE VERÁN QUE VOLO MERECEDES.

UN ABRAZO

A DIRECCIÓN

PROPOSTA FIN DE CURSO

 

Ola familias!

 

Como estades?

Como xa está preto o final de curso, dende o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias e coa axuda da nosa Intérprete de Lingua de Signos, queremos solicitarvos axuda para realizar unha actividade conxunta de toda a comunidade educativa.

Explícovos un pouquiño… Como este ano o tema central do cole foi “DESPLASTIFICARTE”, no que a proposta era intentar reducir resíduos e plásticos, así como o consumo dos mesmos e uníndoo ao mural do día da paz no que simbolizamos unha recollida no mar de palabras negativas en forma de resíduos nunha rede… pois queríamos rematar o curso interpretando en lingua de signos a canción “O VELEIRO VERDE” de Maria Fumaça.

 

 Se queredes participar enviádeme un correo a lidiaoterom@gmail.com. Tedes de prazo ata o martes 2 de xuño para apuntarvos.

O seguinte paso será enviarvos o anaco de vídeo que tedes que signar, o cal teríades que grabar en familia e enviarmo a min de volta para montar, pero primeiro precisamos saber cantos imos a participar.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.

LIDIA

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

No cole, cando pensabamos en celebrar o Día das Letras Galegas, imaxinabamos unha festa no patio do pavillón, nun solleiro día de maio, todos xuntos, con música...

 

Os nosos plans tiveron que cambiar. O mesmo que os vosos. Tivemos que adaptarnos a esta nova situación. Igual que fixéstedes vós.

 

Pero hai unha parte que nos parece fundamental manter: queremos estar XUNTOS. Ímos saír desto todos XUNTOS. XUNTOS é o mellor xeito.

 

Así que, para estar un pouquiño máis preto de vós, as mestras e mestres do cole, quixemos contarvos unha historia de Ricardo Carvalho Calero: "As pitas baixo a choiva". Que obra, se non, íamos escoller no noso cole que non foran as pitas? As nosas pitas!! Seguro que se preguntan moitos días onde ímos todos...

Queremos, deste xeito, estar un anaquiño con vós

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=ankiaA--p1M

 

Ademais, incluímos dous arquivos adxuntos:

- O primeiro, a historia para que a podades ler nas vosas cosas e vos animedes a contala.

- O segundo, unha colaboración co EDLG do CEE Nosa Señora do Rosario. Unha adaptación do texto aos criterios da Lectura Fácil e a pictogramas.

 

 

Por último, neste enlace, podedes ver a o conto en Lingua de Signos.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=2yPn9ndDakU&t=25s

 

 

Esperamos que pasedes un bo día das nosas letras!

 

Desexamos, de corazón, poder celebrar esa festa xuntos no mes de Outubro!

 

Moito ánimo e unha forte aperta!

Grazas Familias

 

Neste día adicado ás familias, queremos expresar a nosa gratitude e dedicarvos unha pequena homenaxe.

Unha homenaxe polo esforzo que estades a facer para superar as dificultades do día a día; sabemos que moitos tedes que facer de mestres, psicólogos, cociñeiros, artistas, médicos, enfermeiros, informáticos, perruqueiros, cantantes, pais, amigos … . Ademais, dun sen fin doutras profesións que ides aprendendo sobre a marcha para poder axudar aos vosos fillos.

Por iso, a familia que formamos os mestres do colexio queremos aproveitar este día para darvos as grazas polo voso acompañamento e apoio.

   

 

 

            

MÁIS ACTIVIDADES 6º A

AS NOVAS ACTIVIDADES DE 6º A XA ESTÁN DISPOÑIBLES NO MENÚ DA DEREITA ( 5º E 6º)

ACTIVIDADES 6ºB

Neste periodo, onde non asisten a clase, repasarán o que demos no 2º trimestre :

- Matemáticas: Lles remito aos correos que teño de vostedes, as fichas para repasar. Vai material de 4º, 5º e 6º.

- Lengua e lingua, temas 5, 6, 7, 8.

- Sociais: Relevo de Europa, España e Galicia.

- Naturais: Funcións de nutrición, relación e reprodución. Desta a materia que non demos en clase será repasada cando volvan e non se avaliará ata que a vexamos en clase.

Se entran en ESPAZO ABALAR da Consellería teñen múltiples actividades a  diferentes niveis do que xa demos en clase.

Ante calquera dúbida ou para ir seguindo o realizado, lles atenderei no correo : xuliogallego@gmail.com

Un saúdo do titor esperando que esta situación remate ben e o antes posible.

SEMANA DA MULLER: RAQUEL ROSA

Hoxe tivemos a sorte de recibir no noso cole a RAQUEL ROSA, xornalista da RTVG.

Estivo compartindo a súa experiencia vital como nena, ximnasta, xornalista e muller.

Deixou moitas inquedanzas e ideas para a reflexión das nosas nenas e nenos de 3º e 4º de primaria e unha idea: "SOMOS DIFERENTES PERO TEMOS O MESMO VALOR"

Moitas grazas Raquel por compartir o teu tempo con nós.

ENTROIDO CHOQUEIRO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut