Como xa está preto o final de curso, dende o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias e coa axuda da nosa Intérprete de Lingua de Signos, queremos solicitarvos axuda para realizar unha actividade conxunta de toda a comunidade educativa.
Se queredes participar enviádeme un correo a lidiaoterom@gmail.com. Tedes de prazo ata o martes 2 de xuño para apuntarvos.
O seguinte paso será enviarvos o anaco de vídeo que tedes que signar, o cal teríades que grabar en familia e enviarmo a min de volta para montar, pero primeiro precisamos saber cantos imos a participar.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo.
LIDIA
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |