Skip to Content

blogue deadmin

IMOS A PRIMARIA!!!!

As nenas e nenos dos amorodos e dos millos xa son maiores. O próximo curso van iniciar, ilusionados e contentos, una nova etapa .

Este luns celebraron a súa graduación chea de ledicia, sorisos, emoción e, tamén, algunhas actuacións. Se queredes vela premede nas imaxes.

 

   

 

 

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DO 3º TRIMESTRE EN ABALAR

A publicación das cualificacións da terceira avaliación a través de Abalar realizarase o 22 de xuño nos seguintes horarios*:

  • 14:00 horas: E. Infantil, 1º e 2º de EP.
  • 15:00 horas: resto de niveis de EP.

*A publicación en horarios diferentes é debida a motivos informáticos.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

Faise pública a relación de libros de texto para o vindeiro curso académico.

Podedes consultar dita relación para cada un dos niveis educativos premendo no título da nova ou en "4 adxuntos".

Lembramos que non emprega libros de texto o alumnado de Infantil, nin o de  5º e 6º de Primaria por estar dentro do programa E-dixgal da Consellería de Educación.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022

Desde o 20 xuño ata o 30 de xuño, ambos incluídos, estará aberto o prazo para a formalización da matrícula do alumnado que obtivo praza no centro para o curso 2021/2022.

Debe presentarse a seguinte documentación en secretaría:

  • Dúas fotografías actualizadas tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Cartilla de vacinación actualizada.
  • DNI do alumno/a (no caso de telo).
  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada (pode realizarse no propio centro) da setenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

¡CONSEGUIMOS O PREMIO PROVINCIAL DE VOZ NATURA!

PROXECTO SEMENTE 2021

 

O Proxecto Semente 2020/21 organizado polo Concello de A Coruña está chegando ao seu fin. Os nenos e nenas de 5ºB levan meses traballando na súa cooperativa, Vida Verde, e facendo todo tipo de produtos artesáns.

Este venres 28 de maio, estes pequenos grandes emprendedores e emprededoras estarán, xunto con outros 7 colexios do concello, na Praza de María Pita entre as 16:30 e 20:30 horas para vender os produtos artesáns nos que, con tanto esforzo e cariño, levan meses traballando.

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos convidar a toda a comunidade educativa a achegarvos polo posto da súa cooperativa Vida Verde.

Contamos con vós!

DÍA DO LIBRO 2021

Como cada 23 de abril celebramos no cole o Día do libro

Os libros din moito de nós, polo que os nenos e nenas trouxeron os seus libros favoritos para ler e así poder coñecelos un pouco mellor.

Preme nas imaxes para saber que libros trouxeron neste día de festa. 

 

 

 

“O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito”. Miguel de Cervantes.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Aberto o prazo para participación no fondo solidario e axudas para a adquisción de libros de texto e material escolar para curso 2021/22:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos incluídos.
  • Forma de prestación de solicitudes: preferentemente de xeito telemático empregando a aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na secretaría do centro ou nos rexistros oficias.
  • Impresos de solicutude: poden descargarse premendo AQUÍ, na sede electrónica da Xunta de Galicia ou obterse nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e no propio centro.

Podes consultar máis información premendo en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34035.

 

LADY IN BLACK

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria despois de moito tempo de ensaio e esforzo afrécennos esta versión de "Lady in black" adaptada a estes tempo de COVID.

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021-22

Distribuir contido


by Dr. Radut