Skip to Content

blogue deadmin

RESERVA DE PRAZA PARA CONTINUAR ESTUDOS NO IES ADSCRITO AO CENTRO NO CURSO 2023/24

Desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, ambos incluídos, estará aberto o prazo para realizar a reserva de matrícula no IES Rafael Dieste (instituto adscrito ao noso centro) para o curso 2023/24 por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria.

A reserva poderá realizarse dos seguintes xeitos:

1. Entregando a solicitude na secretaría do centro.

             Descarga o impreso de solicitude: GALEGO e CASTELÁN 

             Impreso on-line https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

2. Presentando a solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

A listaxe de alumnado admitido publicarase antes do 28 de febreiro no propio centro e na aplicación "admisionalumnado".

Consulta toda a información premendo en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

Roteiros do segundo trimestre

 

 

Roteiros do primeiro trimestre

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO

 

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos desexarvos a todas e todas un bo Nadal e un próspero ano 2023!!!

Boas festas!!!

Conmemoración do Día da Discapacidade

Hoxe no cole celebramos o Día da discapacidade, que se conmemora mañá, 3 de decembro. 
 
Tivemos dúas visitas: por un lado "Cofi y su mundo" (para Infantil e algúns cursos de Primaria), coa maravillosa Yoli e a súa inseparable Cofi , quen nos achegaron á Lingua de signos (LSE) e , por outro lado, a Felipe e Marisé, da ONCE, quen nos amosaron outra forma de "ver" o mundo.
 
 
 
 
Moitas grazas por compartir as vosas experiencias con nós e ensinarnos que hai moitas maneiras de disfrutar da vida.
 
Ata pronto!
 

VOTA POLA MELLORA DO NOSO PAVILLÓN

Gracias ao apoio de todos e todas conseguimos pasar á segunda e derradeira fase dos Orzamentos participativos do Concello de A Coruña.

Temos que facer un último esforzo para conseguir o pabillón polideportivo que se merecen os nenos e nenas de Visma, o barrio e os clubes deportivos que empregan a instalación. 

Podes consultar o estado actual do pabillón: fotos e vídeo.

VOTA polo noso pabillón premendo AQUÍ e comparte!!! 

Entre todos e todas o podemos lograr!!!

Derradeiro día para votar, 30 de novembro.

 

CONVOCATORIA DE VOTACIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR

Circular informativa sobre a convocatoria para a elección dos representantes de pais/nais/titores legais do alumnado ao Consello Escolar.

PREME AQUÍ

Modelo de candidatura - Eleccións Consello Escolar

Documento para cubrir se queredes presentar a vosa candidatura ás eleccións ao Consello Escolar. PREME AQUÍ

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Convocatoria Eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar. (03/11/2022). Premer aquí

PXA 2023-24

Distribuir contido


by Dr. Radut