Obradoiros para as familias
Dentro do convenio conxunto aos concellos de Fene e Mugardos de Prevención de conductas adictivas, realizarase un Obradoiro dirixido ás familias con fillos/as sobre o acompañamento dixital.
Esta actividade ten como finalidade acompañar ás familias na adquisición de competencias dixitais e á necesidade de afrontar os riscos que isto pode traer, e para iso se dotará de ferramentas e formación segundo as idades dos nenos/as.
Nos documentos adxuntos especifícase o tema a tratar en cada franxa de idade, a data e hora que se impartirán de forma dixital.
ESTAMOS DE NORABOA!!!!
A prestixiosa rede Meteoclimatic acaba de outorgar o selo de calidade termopluviométrico á estación meteorolóxica do noso colexio. Este distintivo de carácter definitivo na devandita Rede recoñece a constancia e calidade no envío de datos desde o momento de instalación da estación, alá polo mes de novembro de 2020, e ademais permite que as informacións relativas a pluviometría e temperatura entren nas táboas de datos que aparecen no sitio web da devandita Rede diariamente. Do mesmo xeito, ao acceder á estación mediante a ligazón de Meteoclimatic podemos consultar todos os nosos datos históricos.
https://www.meteoclimatic.net/perfil/esgal1500000015510A
No que levamos de ano 2021 Neda está a destacarse como un dos lugares con maior pluviometría de España, xa que, con case 600 litros por metro cadrado, atópase actualmente no cuarto lugar coa precipitación máis elevada.
Meteoclimatic é unha rede de estacións meteorolóxicas de España, Portugal e Andorra, á que achegan datos diariamente case 1.500 estacións meteorolóxicas de particulares, concellos, colexios, etc. En Galicia existen unhas 30 desas estacións, das cales 15 posúen algún tipo de distintivo de calidade, como o que se acaba de outorgar á nosa. Desde a súa instalación no colexio realizamos diversos cambios e melloras na estación, así modificamos o seu emprazamento, colocándoa nun mastro metálico fixado con catro ventos, substituímos o conxunto de catavento e anemómetro, xa que non emitía datos fiables, tamén se engadiu ao pluviómetro un soporte para evitar que as aves aniñen ou realicen as súas deposicións nel e, máis recentemente, completamos os datos que ofrecemos, engadindo á estación un sensor de calidade do aire.
CANTO APRENDEMOS!
Estes días tivemos a oportunidade de que nos viñeran a visitar ao colexio dúas persoas das que moito aprendimos.
O venres pasado veu Marcos Pita, traballador do SPEIS de Narón, experto e entendido no trampeo de velutinas. Ensinounos todo o importante do ciclo de vida da vespa velutina e despois fixemos un obradoiro para crear as nosas propias trampas. Puidemos colocar algunha trampa nas árbores que temos no colexio e enchelas cun líquido atraínte para que as vespas acudan á trampa.
E hoxe visitounos Eva Cayetana Somolinos, cofundadora e directora creativa do proxecto AcercArte. Toda unha experiencia que aunaba arte e música. Da súa man fixemos un percorrido polas grandes obras da historia, dende o Renacemento ata o Expresionismo. Obras tan importantes como A Gioconda, A Rendición de Breda ou O Grito de Munch activaron os nosos sentidos, xa que todas elas estaban acompañadas dunha música que se fusionaba coa arte. A partir do día 10 deste mesmo mes visitaremos a obra completa na Casa das Palmeiras de Neda.
Grazas a Marcos e a Eva por ensinarnos tanto!
Dámoslle a benvida ao ENTROIDO!
Este ano celebraremos un Entroido un pouco atípico para todos/as, pero non por iso deixaremos de brincar e gozar.
Dende as aulas estamos aprendendo e adentrándonos no Entroido tradicional de Galicia, dese Antroido ou Introido do que tanto falan. Faremos un paseo por Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Verín, Laza,... da man das Pantallas, Boteiros, Cigarróns ou Folións. É todo isto sen movernos de Neda.
Que comece a festa!
O venres foi o gran día. Xa a primeira hora os pequeniños/as comezaron con bailes e música, aos que seguiron os demais cursos. Por aulas, ordenadiños por quendas e mantendo a distancia de seguridade. A música e os bailes viñeron da man das profesoras da academia de baile “Paso a paso” de Fene. Despois para repoñer folgos a ANPA tíñanos preparada unha merenda típica destas festas. Unha caixiña individual para cada neno/a con filloas, orellas e torrixas.
Para rematar o día, gravamos o vídeo deste Entroido 2021 coas nosas caretas decoradas e cantando o versos que tanto practicamos.
<<<PREME NA IMAXE>>>
Día da Paz e da Non Violencia 2021
Con motivo do Día da Paz e da Non Violencia os nenos e nenas participaron na gravación dun vídeo ao son de "Bandera de Manos" de Juanes, xunto coa elaboración da Árbore dos Desexos onde cada un poido deixar constancia dos seus soños e ilusións.
Esperando que vos guste e gocedes todos e todas desta bonita creación.
FAI CLICK NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO
Feliz Día da Paz e Non Violencia!
Felices Festas
Dende o CEIP San Isidro queremos desexarvos unhas boas festas cargadas de bos momentos e, sobre todo, de moita saúde.
Xa cruzamos o primeiro trimestre, cousa que se veía inalcanzable ao principio de curso. Se chegamos ata aquí foi polo bo facer, esforzo, coidado, empeño, comprensión e cariño que todos/as depositáchedes en nós e que tan ben fixeron estes vosos, nosos, pequenos/as.
Grazas de todo corazón, e lembrade... sempre... con sentidiño!
ESCAPE ROOM: II PEREGRINACIÓN ESCOLAR DO CAMIÑO INGLÉS E XACOBEO 2021.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS (LISTAXES)
Tedes publicado na Aula Virtual, Taboleiro de Anuncios, a listaxe DEFINITIVA de admitidos na distribución de máscaras hixiénicas desbotables lavables. Por mor da protección de datos, a listaxe estará exposta na Aula Virtual e no taboleiro interior do centro.
As máscaras distribuiranse, xunto coas recomendacións de uso, no momento en que cheguen ao centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »