Skip to Content

Blog do Equipo de Dinamización de Lingua Galega

Revista O Forneiro 2024

Letras Galegas 2024

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2023

MURAIS LETRAS GALEGAS 2023

  

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O venres 12 de maio participamos, xunto co CEIP de Maciñeira, na festa dos Maios organizada polo Concello de Neda. Realizamos creacións florais ao redor das árbores da feira de Albarón, ademais de participar nun “flashmob” de baile tradicional, da man do centro UPA (Un paso adelante). O Concello convidou a todos os nenos e nenas a merendar boliños preñados.

VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS

O 10 de maio visitou o noso centro un dos un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega.

 >>>pincha para ver imaxes<<<

Estivo cos nenos de infantil e Primaria. Fixo tres sesións:

  • Cos de infantil, onde ademais de comentar o libro que estiveron lendo na clase " Sopra neste furadiño", estiveron contando ata dez co libro "Os dez animais".
  • Co 1º ciclo de Primaria falaron de " O lapis de Rosalía", libro que estiveron lendo na aula no plan lector. Remataron cunha gran sorpresa que lles tiña Antón para todos: traía un lapis como o de Rosalía! co que poideron escribir e deixar que o lapis fixera voar a imaxinación.
  • Os de 2º e 3º ciclo falaron de poesía co libro " O colo das palavras" e agasallaron a Antón cantando e signando algunha das cancións do libro.

Pero non só de libros se falou, tamén fixeron papiroflexia, aprenderon algún retrouso e falaron da importancia de saber falar e escribir en galego.

Grazas pola visita

LETRAS GALEGAS 2023

DÍA DE ROSALÍA

  

ENTROIDO 2023

 

Nas galerias poderedes ver máis fotos

ENTROIDO 2023

Un ano máis chega o Entroido a San Isidro, e con el os mandatos do Meco

Comenzamos o martes e rematamos o venres cun desfile pola Vila.

                     

Distribuir contido


by Dr. Radut