O 10 de maio visitou o noso centro un dos un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega.
>>>pincha para ver imaxes<<<
Estivo cos nenos de infantil e Primaria. Fixo tres sesións:
- Cos de infantil, onde ademais de comentar o libro que estiveron lendo na clase " Sopra neste furadiño", estiveron contando ata dez co libro "Os dez animais".
- Co 1º ciclo de Primaria falaron de " O lapis de Rosalía", libro que estiveron lendo na aula no plan lector. Remataron cunha gran sorpresa que lles tiña Antón para todos: traía un lapis como o de Rosalía! co que poideron escribir e deixar que o lapis fixera voar a imaxinación.
- Os de 2º e 3º ciclo falaron de poesía co libro " O colo das palavras" e agasallaron a Antón cantando e signando algunha das cancións do libro.
Pero non só de libros se falou, tamén fixeron papiroflexia, aprenderon algún retrouso e falaron da importancia de saber falar e escribir en galego.
Grazas pola visita