O venres 12 de maio participamos, xunto co CEIP de Maciñeira, na festa dos Maios organizada polo Concello de Neda. Realizamos creacións florais ao redor das árbores da feira de Albarón, ademais de participar nun “flashmob” de baile tradicional, da man do centro UPA (Un paso adelante). O Concello convidou a todos os nenos e nenas a merendar boliños preñados.