Saltar navegación.

PONTE DA CONSTITUCIÓN

 

Clica na imaxe

ESTACIÓN METEOROLÓXICA

 

Fai clic na imaxe

FACEBOOK- ANPA San Isidro

A ANPA San Isidro da a benvida ao curso escolar estreando páxina de Facebook. A través dela poderedes consultar todas as novidades e publicacións da asociación de nais e pais. 

(fai clic na imaxe)

Esperamos moitos LIKES! Guiño

TURISTEANDO COS MIÚD@S

Presentámosvos o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña, TURISTEANDO COS MIÚD@S. 
Aquí tedes a web na que está o acceso directo ao xogo:
 
 

O proxecto foi financiado polo FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 2021 DA XUNTA DE GALICIA.

O xogo é totalmente gratuito e permanecerá activo para que os nenos e nenas podan xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.

Desexando sexa do voso interese.
 

INSCRIPCIÓN MADRUGADORES E COMEDOR

Bo día familias:

 

Desde a ANPA San Isidro comunican que a inscripción de comedor e madrugadores poderase presentar a través do correo electrónico anpaceipsanisidro@gmail.com

 

Un saúdo

REUNIÓN TITORÍAS PRINCIPIO DE CURSO

Estimadas familias:

 

Con motivo do comezo do curso faremos reunións de titoría antes de que empecen as clases. 

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL----------------- LUNS, 7 DE SETEMBRO ÁS 12:00h, NO SALÓN DE USOS MÚLTIPLES

5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL------- LUNS, 7 DE SETEMBRO ÁS 11:00 h, NO XIMNASIO

1º EDUCACIÓN PRIMARIA----------------MÉRCORES, 9 DE SETEMBRO ÁS 12:30 h, NO XIMNASIO

2º EDUCACIÓN PRIMARIA-------------------- MÉRCORES, 9 DE SETEMBRO ÁS 12:30 h, NO PATIO CUBERTO

3º EDUCACIÓN PRIMARIA-------------------- MÉRCORES, 9 DE SETEMBRO ÁS 12:30 h, NO PATIO CUBERTO

4º EDUCACIÓN PRIMARIA-------------------- MÉRCORES, 9 DE SETEMBRO ÁS 11:00 h, NO PATIO CUBERTO

5º EDUCACIÓN PRIMARIA-------------------- LUNS, 7 DE SETEMBRO ÁS 10:00 h, NO SALÓN DE USOS MÚLTIPLES

6º EDUCACIÓN PRIMARIA-------------------- MÉRCORES, 9 DE SETEMBRO ÁS 11:30 h, NO SALÓN DE USOS MÚLTIPLES

 

AVISO IMPORTANTE: Todos/as os pais/nais/titores legais dos alumnos/as deberán asistir con máscara e mantendo as distancias de seguridade. Só se permite a asistencia dun familiar por alumno/a. Preferiblemente, as reunións faranse sen a presenza de alumnado. 

 

 

 

DEVOLUCIÓN FONDO LIBROS E RECOLLIDA DE MATERIAL DAS AULAS

NORMAS DEVOLUCIÓN FONDO LIBROS

1. Os libros que pertencen a fondo libros, deberán devolverse ao titor ou titora, en bo estado, para poder optar á axuda do curso seguinte.

2- Os libros se devolverán sen forro.

3- A perda ou deterioro dalgún libro supón a reposición do mesmo por parte da familia, senón será motivo de exclusión da axuda para o curso seguinte.

4. A devolución de libros farase por quendas. As quendas serán as mesmas que para a recollida do material que aínda teñen na aula os nenos/as. Os días establecidos por cursos son os do recadro. Cada titor/a establecerá o horario e poñerao en coñecemento dos seus alumnos/as: 

 

MÉRCORES 17 XUÑO 

XOVES 18 XUÑO

VENRES 19 XUÑO

Educación Infantil

3º Educación Primaria

5º Educación Primaria

2º Educación Primaria

4º Educación Primaria

1º Educación Primaria

6º Educación Primaria 

 

 

 

 

 

 

 

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Estimadas familias:

Tal e como se regula nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, especificamente no seu apartado 6.7., se expón que "Os departamentos didácticos, os equipos de ciclo e os equipos docentes de cada curso, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de departamento, coordinación de ciclo ou do titor ou titora de curso, adaptarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, áreas, materias ou módulos integrados no departamento, que será o referente para o profesorado que imparta a mesma área, materia, módulo ou ámbito no centro educativo". 

Do mesmo xeito, manifesta que serán as direccións dos centros as responsables da súa publicación na páxina web do centro nun lugar accesible a disposición de toda a comunidade educativa e de garantir a súa publicidade.

Polo que se fan públicas as modificacións das diferentes adaptacións por cursos e por áreas.

Aproveitamos para mandar un saúdo a toda a Comunidade Educativa.

Atte. A Dirección

 

Distribuir contido