Saltar navegación.

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Estimadas familias:

Tal e como se regula nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, especificamente no seu apartado 6.7., se expón que "Os departamentos didácticos, os equipos de ciclo e os equipos docentes de cada curso, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de departamento, coordinación de ciclo ou do titor ou titora de curso, adaptarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, áreas, materias ou módulos integrados no departamento, que será o referente para o profesorado que imparta a mesma área, materia, módulo ou ámbito no centro educativo". 

Do mesmo xeito, manifesta que serán as direccións dos centros as responsables da súa publicación na páxina web do centro nun lugar accesible a disposición de toda a comunidade educativa e de garantir a súa publicidade.

Polo que se fan públicas as modificacións das diferentes adaptacións por cursos e por áreas.

Aproveitamos para mandar un saúdo a toda a Comunidade Educativa.

Atte. A Dirección

 

AdxuntoTamaño
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA.pdf3.43 MB