Saltar navegación.

Instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre

Estimadas familias,

axuntámosvos as instrucións que a Consellería de Educación colgou onte, referentes ao transcurso do terceiro trimestre. 

Desexando que todos/as vos atopedes ben.

Xa queda menos!

Un saúdo!

 

Continuidade do proceso de aprendizaxe dos nenos/as nos seus domicilios

Estimadas familias:

Como ben sabedes os mestres/as estamos traballando para que o alumnado continúe co proceso de aprendizaxe nos seus domicilios, na medida do posible. 

A finalidade desta nota é facervos saber donde podedes atopar o material de traballo para estos días.

 

- Alumnado de 6º: o mestre púxose (e/ou se porá) en contacto con vós para enviarvos o material.

- Alumnado de 5º: E- Dixgal.

- Alumnado de 4º: Aula Virtual.

- Alumnado de 3º: Aula Virtual.

- Alumnado de 2º: a titora tamén se puxo, ou se porá, en contacto con vós.

- Alumnado de 1º: Na parte dereita, no apartado profesorado, están as actividades propostas pola titora de 1º

- Alumnado infantil: Recomendacións  >>pincha aquí<<, xunto coa Aula Virtual para 6º e blog de infantil para 4º e 5º. 

- Educación Artística: Aula Virtual.

- Lingua inglesa: Aula Virtual. 

 RELIXIÓN CATÓLICA para todos os cursos. Na parte dereita no apartado de materias, podedes encontrar as recomendacións da mestra de Relixión

 

- AULAS GALEGAS Deixámosvos o enlace a Aulas Galegas un portal educativo e fonte de recursos realizado por un grupo de compañeiros/as sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19. Debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade. Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

Para o alumnado e as súas familias publicaranse cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. 

Para o profesorado hai unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.

 

Lembrade: Estas actividades non terán carácter avaliable. Só se trata de material de continuidade.

Ante calquera dúbida teremos dispoñibles os números de teléfono do centro. Contactade con nós as veces que sexan precisas.

Teléfonos de contacto: 881930404- 881930405

Mail: ceip.sanisidro@edu.xunta.es

Un saúdo e unha aperta (virtual) a toda a comunidade educativa!

 

 

Aprendemos en Casa

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e RTVE lanzan "Aprendemos en Casa" para facilitar o aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases presenciais.

No seguinte documento poderedes ver a programación diaria que teñen preparada para os máis pequenos/as da casa. Moito ánimo, familias!

Arquivos: 

AVISOS 16/03/2020

 

FAI CLIK NA IMAXE

 

PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

ÚLTIMAS NOVAS

Estimadas familias:

Este mediodía o presidente da Xunta de Galicia compareceu para anunciar as medidas que nesta Comunidade Autónoma se ían adoptar en relación ao coronavirus, entre as que están a SUSPENSIÓN de calquera actividade lectiva ou extraescolar nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo (ainda que recomenda que de forma voluntaria e sempre que sexa posible, teña efectos xa dende mañá venres 13 de marzo).

Esta tarde remitirán, desde a Dirección Xeral, instruccións específicas aos centros educativos e mañá publicaránse no DOG as medidas adoptadas. 

Ditas instruccións as colgaremos na páxina web do centro xunto coa información pertinente para todas as familias.

 

Atte. A Dirección

 

Na seguinte ligazón podedes ler as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais. 

MEDIDAS XUNTA

 

NOTA: O profesorado programará actividades relacionadas con contidos curriculares para os seus grupos. Os mestres/as poñeránse en contacto coas familias para acordar os pasos a seguir. Lembrade que as tarefas a realizar non terán carácter avaliable.

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Dende a dirección xeral de saúde publica da Consellería de Sanidade nos fan chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos

 

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE EN RELACIÓN Á SITUACIÓN ACTUAL DO NOVO CORONAVIRUS EN GALICIA (05/03/2020)

 

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O venres 31 conmemoramos no noso centro o día escolar da Paz e a Non Violencia. Este ano o noso desexo de Paz vai encamiñado a axudar ás familias máis desfavorecidas. Foi por iso que toda a comunidade educativa participou nesta conmemoración, cantando a canción "Quérote Máis" do artista O Sonoro Maxín, colgando os papaventos que fixeron os nenos e nenas nas aulas cos seus mestres/as e facendo unha doación económica para a compra de alimentos para as familias sen recursos do concello de Neda (xunto coa colaboración dos Servizos Sociais)

Dende aquí queremos dar as grazas a todos/as pola vosa participación e compañía!

 

25 de NOVEMBRO

O luns 25 de novembro do 2019, os nenos e nenas do colexio San Isidro, Maciñeira e do IES Fernando Esquío, fixemos polo paseo marítimo de Xubia unha marcha solidaria polo bo trato, co fin de que non haxa máis violencia contra as mulleres.

Despois fomos andando ata a Casa da Cultura de Neda. Alí, os nenos e nenas do colexio de Maciñeira fixeron unha bolboreta e cada un leu unha frase relacionada coa violencia machista. Despoios de ler as súas frases, pegáronas na bolboreta. Tamén tiñan uns avións de papel que lanzaron ao aire.

Nós fixemos un reloxo cunha caixa e nela puxemos uns desexos co fin de que non haxa máis violencia contra as mulleres. Logo fixemos unha actuación na que se amosaban situacións de parella. 

Os alumnos/as do Fernando Esquía leron unhas historias curtas sobre parellas, nas que ao final as mulleres eran felices. 

APRENDIMOS MOITO!!

 

(Alumnos/as de 6º de E.Primaria) 

 

Distribuir contido