Saltar navegación.

Neda polo Mundo! (Erasmus+)

Dúas das nosas mestras máis internacionais xa están de volta no cole. Susana e Natalia tiveron a oportunidade,

grazas ao CEFORE de Ferrol e á Consellería de Educación, de coñecer a metodoloxía nos centros de Cardiff (Gales),

mellorar o seu inglés na Celtic English Academy e coñecer a cultura galesa. 

Traen a maleta chea de novas experiencias e moitas gañas de amosarlle aos menos e nenas todo o aprendido. 

Agradecer aos compañeiros e compañeiras mestres/as o gran traballo no colexio durante a estancia no País Galés. 

 

Aquí podedes ver o colexio donde estiveron--- Ninian Park Primary School

aquí a academia de inglés--- Celtic English Academy

Cardiff

 

O Mago Teto

Hoxe os nenos e nenas de 4°, 5° e 6° de educación primaria puideron gozar da maxia e a súa historia da man do Mago Teto.

Xogos de cordas, cubiletes, aros chinos... sorprenderon a pequenos e maiores. Grazas ao Concello de Neda por convidarnos!! 

Proxecto E-Dixgal

Estimadas familias:

Temos o pracer de comunicarvos que fomos seleccionados para participar no Proxecto E- Dixgal 2019/20. No presente curso o proxecto destinarase para os alumnos/as de 5º de Educación Primaria. 

Abaixo deixamos os enlaces con toda a información.

Click aquí------- Espazo Abalar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2019/2020

       Publícase a listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no Fondo solidario de libros de texto.

       Especifícanse os libros que se reciben do Fondo e os que ten que adquirir a familia.

     >>>PREME NA IMAXE>>>

 Os vales de material escolar pódense recoller no centro. (quen todavía non os recolleu)

Os vales de libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de primaria, tamén se poden recoller no centro (quen todavía non o recolleu)

Quedada da ANPA

Os días 1 e 2 de xuño, sábado e domingo, os nenos e nenas vivimos unha finde especial!! 

Grazas á colaboración da ANPA e á súa organización, puidemos gozar duns días de xogos, carreiras, obradoiros, fogueiras nocturnas

e un riquísimo almorzo con chocolate con churros.

A festa foi amenizada pola GUAGUA e foron moitos papás e mamás os que nos acompañaron na festa. Foi todo un descubrimento poder quedar a durmir no colexio!! 

Aquí vos deixamos unhas fotiños da nosa quedada!

   

ADMISIÓN CURSO 2019/2020

LISTAXE DE DEFINITIVA DE ADMITIDOS 2019/2020 E VACANTES RESULTANTES

SOLICITUDES DE ADMISIÓN FORA DE PRAZO

O 20 de marzo rematou o prazo para presentar solicitudes de admisión nos centros educativos. A partir de ese día as solicitudes que se presenten serán fora de prazo.

Para presentar solicitudes fora de prazo, as familias deberán entregar no centro a solicitude, que se pode descargar abaixo, acompañada da documentación. 

 

SOLICITUDE

DOCUMENTACIÓN

Aí vén o maio

O pasado venres poidemos celebrar o día dos Maios no recinto de Albarón (Neda). Nenos, nenas e profes cargados de flores, tuias, laranxas e ovos fomos a decorar as árbores do recinto. Quedaron preciosas! Foi un día estupendo, cheo de novas aprendizaxes, cores e olores. 

Grazas ao Concello de Neda por contar con nós. 

Agradecementos

Benqueridas familias:

Durante a celebración do Entroido, os nenos e nenas degustaron todo tipo de sobremesas típicas que trouxéchedes da casa. Como houbo comida sobrante se decidiu entregala na Cocina Económica de Ferrol. 

Aquí tedes a carta de agradecemento que nos enviaron. Adicada a todos/as vós! Grazas. 

 

 

Misión Neda!

Xa comezou a aventura!

Dende o venres pasado estamos inmersos nun gran proxecto cultural e histórico: Misión Neda! 

A lendaria Laureana apareceu a semana pasada polo colexio para animarnos a descubrir os vestixos do seu concello. Propúxonos resolver os enigmas dos nosos cadernos buscando as 22 letras agochadas pola zona de Neda e os seus lugares máis emblemáticos. O gañador/a poderá conseguir unha tablet despois de rematar a súa misión.

Boa sorte a todos/as!!

 

Fai click na imaxe para máis información

Distribuir contido