Saltar navegación.

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O venres 31 conmemoramos no noso centro o día escolar da Paz e a Non Violencia. Este ano o noso desexo de Paz vai encamiñado a axudar ás familias máis desfavorecidas. Foi por iso que toda a comunidade educativa participou nesta conmemoración, cantando a canción "Quérote Máis" do artista O Sonoro Maxín, colgando os papaventos que fixeron os nenos e nenas nas aulas cos seus mestres/as e facendo unha doación económica para a compra de alimentos para as familias sen recursos do concello de Neda (xunto coa colaboración dos Servizos Sociais)

Dende aquí queremos dar as grazas a todos/as pola vosa participación e compañía!