Skip to Content

ACTUACIÓN DO GRUPO SON D´AQUI

Hoxe os cativos e cativas de infantil recibiron a visita do grupo musical Son d´aquí.

Comezamos asi a celebrar a Festa das Letras Galegas cunha foliada.

Grazas por poñer música ó día e facérnolo pasar tan ben!

ENQUISA PARA AS FAMILIAS

Este curso puxemos en funcionamento a aula virtual do colexio. O noso obxectivo é acercala ás familias e por iso deixámosvos este titorial sobre como acceder a ela e un pequeno cuestionario que agradeceríamos que cubrades (é anónimo ) coa finalidade de coñecer as vosas ideas e aportacións.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Enquisa sobre a aula virtual do centro

Titorial

Enquisa para o alumnado 

 

 

COLABORANDO NO BARRIO

Os alumnos de 5º C percatáronse de que a mediana da calzada á altura do colexio estaba moi suxa e decidiron actuar. Comunícaronllo ao director e ao concello e coa colaboración da Policía Local limparon a mediana de plásticos, papeis, luvas, máscaras, cartóns... 

Neste vídeo podedes ver toda a explicación e fotos. 

23 DE ABRIL "DÍA DO LIBRO"

Este venres celebramos o Día do Libro e, aínda que os contos están presentes cada día, esta semana centrámonos nos contos con música, contos sonoros, contos relacionados con obras musicais ou contos cantados. Se queredes ver os traballos tan bonitos que fixeron os nenos podedes ir ao blogue da nosa biblioteca premendo aqui

RESOLUCIÓN PROVISIONAL SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS EN PRAZO PARA O VINDEIRO CURSO FORON ADMITIDAS.

Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admitidos e toda a información relativa á matricula.

IMPORTANTE: Formalización da matrícula en educación infantil e primaria do 20 ao 30 xuño de 2021.

 

DIA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

Prema sobre a imaxe  e coñecerás a proposta da biblioteca para conmemorar o Día do libro.

UN PASEO POLA PREHISTORIA

Álbum: Curso 2020/2021 -> Paseo pola Prehistoria 4ºB

Os nenos de 4ºB convertíronse en arqueólogos descubrindo restos arqueolóxicos.

Cada neno traballou sobre un dos periodos: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais, buscou información, fixo a montaxe dunha escena, e elaborou unha reseña sobre o seu descubremento.

DIA DA ÁRBORE E OS BOSQUES

Álbum: Curso 2020/2021 -> Dia da árbore e os bosques

Un grupo de nenos do noso centro e do CEIP Rosalía de Catro participamos na iniciativa do Concello "Un abeto en cada barrio" para a conmemoración do Día da Árbore e os Bosques. Xunto a alcaldesa Inés Rey, plantamos un abeto diante da Biblioteca municipal Sagrada Familia. Este abeto poderase adornar nas vindeiras navidades.

*Preme sobre a foto para ver o álbum.

EN QUE TE CONVERTIRÁS ESTE ANO?

Este ano non haberá a tradicional festa de entroido do ANPA no colexio. Celebrarase de xeito virtual. Queres saber como? Prema neste enlace e terás toda a información. Animate!!!

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 29 de xaneiro  conmemoramos  o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" con diferentes actividades dentro das aulas e decorando os corredores con cadenetas e pingas. Todos aprendimos a canción "Somos una marea de gente"de Macaco. Prema s neste enlace as fotos da galería

Neste vídeo veredes aos nenos de infantil cantando a canción. Podes velo tamén en Vimeo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut