Ben prezadas familias:
O venres 3 de abril ás 16:00 horas publicaranse as notas de xeito telemático. Para a súa consulta é necesario que vos descarguedes no móbil a aplicación Abalar móbil para as familias
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsagradafamilia/abalarmobil
Debaixo do logo do AMPA, tedes o logo do Abalar, premendo sobre él ou aquí accederedes aos tutoriais.
Tendo en conta a situación excepcional na que nos atopamos, e seguindo as instrucións da Consellería, a segunda avaliación realizarase coas probas e datos dos que dispoñían os mestres ao interrumpirse o curso.
Suprímese a proba de diagnóstico de terceiro de primaria. Tamén suspéndese a celebración do Dia da Ciencia, na que íamos participar por primeira vez.
Ante calquera dúbida, podedes comunicar có centro no correo electrónico ceip.sagrada.familia@edu.xunta.es ou coa Aplicación AbalarMóbil.
En canto á terceira avaliación esperamos instrucións da Consellería.
Informávovos que o pasado luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-liña "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAs. O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos. Accede a toda a información no blogue do Anpa.
Por outro lado, ante a imposibilidade de facer os itinerarios do Servicio Municipal de Educación, éste invítanos a facelos de xeito virtual no blogue ITINERARIOS VIRTUAIS
Adxuntamos as novas tarefas. Tede en conta que aqueles exercicios que sean de escribir pódense imprimir ou facelos na libreta.