Skip to Content

FELIZ NADAL!

Álbum: Curso 2020/2021 -> Visita dos Reis Magos

Rematamos o primeiro trimestre deste atípico curso. Todo o equipo docente queremos agradecer a todos os nenos e ás súas familias o esforzo e colaboración para adaptarnos á nova situación.

Tamén queremos agradecer a AMPA todas as xestións que fixeron para a organización da visita dos Reis Magos ao colexio xa que estes dias están moi solicitados. Pasamos unha mañá chea de ilusión e alegría.

Premendo nos enlaces podes ver todas as fotos e vídeos:

ACCEDE ÁS FOTOS 

ACCEDE AOS VÍDEOS NA AULA VIRTUAL E EN VIMEO

 

GAÑADORA DO CONCURSO ANCAS DE EDUCACIÓN VIAL

Noraboa a Iria Acosta de 4ºB, unha das gañadoras do concurso de Educación vial Ancas e grazas a todos os nenos que participaron nel.

                            

LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS E EXCLUIDOS DE BENEFICIARIOS DAS MÁSCARAS

Xa están expostas no taboleiro da entrada principal do centro a listaxe provisional de admitidos e excluidos do alumnado beneficiario das máscaras. Poderá presentarse reclamación ata o xoves 3 de decembro.

O venres 4 publicarase a listaxe definitiva. O mércores 9 de decembro os titores  repartirán as máscaras a cada alumno na clase. Rogamos ás familias beneficiarias que comproben que o seu fillo leva as máscaras.

Calquera incidencia contacten por teléfono no 881 960316.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade. Declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, ten como obxectivo promover os dereitos e o  benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

O departamento de orientación do centro recoméndanos  algúns recursos de interese tales como libros, contos e curtametraxes para abordar este tema coas nenas e nenos. Preme aqui para acceder a estes recursos

MAGOSTO

O venres 13 de novembro celebramos o Magosto. Houbo uns pequenos cambios pero poidemos disfrutar dunha mañá moi especial. Este ano contamos cos castañeiros da da rúa Real e os profes de Educación física amenizaron a xornada con música. Todas as imaxes están na galería de fotos, prema aquí para ver as fotos de primaria e aquí para ver as de infantil

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

No DOG do venres 13 de novembro de 2020 saíu publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. 

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: 

a) Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 

b)  Ten que presentar solicitude: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. 

• Alumnado matriculado en educación especial. 

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

 De forma presencial no centro do 16 ao 27 de novembro  utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible neste enlace  e na secretaría do centro

Unha vez rematado o prazo sairá unha lista provisional que se poderá reclamar nos dous días seguintes e unha definitiva posteriormente. 

Unha vez finalizado este prazo avisarase por este canle e pola aplicación abalar do procedemento de distribución das máscaras. 

 

SAMAÍN

                 

Xa estamos no tempo do Samaín. Este ano, ainda que con algúns cambios e limitacións, quixemos celebralo. Por nosos alumnos, para manterlles a ilusión na celebración de pequenas festas e, sobre todo, para agradecerlles o ben que se están a adaptar a esta nova situación. 

Os contacontos e a decoración, fixéronse nas aulas cos titores, os doces que compartían cos compañeiros quedaron na casa, pero faríannos coa mesma ilusión. Ata tivemos unha exposición virtual de cabazas!

Moitas grazas, familias, pola vosa axuda e colaboración.

Accede a todas as fotos da galería pinchando aquí.

E visita a exposición virtual de cabazas de 5º premendo sobre a imaxe.

ENKI NA SAGRADA

O venres 9 de outubro os nenos e nenas de 5º EP: OS QUINTIÑOS NA SAGRADA participamos na carreira ENKI 2020 pola integración e a inclusión. 

Se premas sobre as imaxes inferiores verás a revista con toda a información e fotos da nosa participación e o video resumo. Pasámolo xenial e sentímonos orgullosos de poder sumar nesta iniciativa. 

E, ainda que non é o máis importante, conseguimos varios premios: o primeiro premio a "Baile coreografía máis orixinal" e tres segundos premios.

              ver en Vimeo

 

PARTICIPAMOS EN ENKI 2020

O curso de 5ºEP  vai participar na carreira ENKI 2020 o día 9 de outubro na escola. Este ano, debido á situación xerada polo COVID19 ,a actividade desenvolverase dun xeito moi diferente ao habitual.

Esta carreira está organizada pola FUNDACIÓN ABRENTE, que é unha organización privada sen ánimo de lucro, creada coa aspiración de contribuir á construcción dunha sociedade mellor. 

A Fundación Abrente pretende sumar o seu graiño de area de solidariedade, conciencia social e sobre todo responsabilidade.

A solidariedade establece o fundamento que inspira relacións sociais máis xustas, intercambia experiencias valiosas cos demáis, contribúe ao traballo conxunto, á participación e a responsabilidade. Esta é a base do PROXECTO ENKI.

ENKI este ano propón que xoguemos desde casa…separados, pero máis xuntos que nunca.

Para máis información sobre como participar desde as vosas casas prema sobre a imaxe.

              APUNTÁDEVOS A VIVIR ESTA EXPERIENCIA COA FAMILIA NA CASA!

   

 

COMEZO DO CURSO 2020-2021. INFORMACIÓN IMPORTANTE

Comezamos un novo curso, diferente a todos os anteriores e marcado pola situación sanitaria actual. Haberá cambios que nos afectarán a todas as familias e profesorado, polo que a colaboración e apoio de toda a comunidade educativa vai ser fundamental pensando sempre no ben dos nenos.

A continuación detállase toda a información referida ao comezo do curso. Ademais o titor poñerase en contacto para informarlle das reunións de titoría.

Seguindo as instrucións da Consellería, o inicio do curso será escalonado en dous días.

DIA10 DE SETEMBRO

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

5º DE E.INFANTIL             

Ás 11:00

Ás 13:20

1º DE E. PRIMARIA

Ás 10:30

Ás 13:40

2º DE E. PRIMARIA

Ás 10:00

Ás 13:50

3º DE E. PRIMARIA

As 9:30

As 13:40


11 DE SETEMBRO

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

5º DE E.INFANTIL       

Ás 11:00’

Ás 13:20

6º DE E.INFANTIL              

Ás 10:45

Ás 13:30

1º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

As 13:40

2º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

Ás 13:50

 3º DE E. PRIMARIA

Ás 9:00

As 13:40

4º DE E. PRIMARIA

Ás 10:00

Ás 13:50

5º DE E. PRIMARIA

Ás 9:45

Ás 14:00

6º DE E. PRIMARIA

As 9:30

Ás 14:00

 As reunións de inicio de curso cós titores adiántase aos días 8 e 9 de setembro. No cadro están os grupos de cada día. O titor poñerase en contacto para informarlle da quenda que lle corresponde. 

Soamente pode acudir un proxenitor por neno, con mascarilla. Pregámoslles puntualidade e a evitación de aglomeracións sobre todo na entrada e saída entra das quendas.

  

 

MARTES 8 DE SETEMBRO

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

 1ªQUENDA 16:00 h

 APERTURA PORTAS

 15:50 h

 4º e 5º E.Infantil  en patio cuberto

 1º e 2º  E.Primaria en patio columnas

 3º de E.Primaria en puerta principal

 6º E.Infantil en patio cuberto

 4º E.Primaria en puerta principal

 5º e 6º E.Primaria en patio columnas

 6º E.Primaria en patio columnas

 2ª QUENDA 17:15

 APERTURA PORTAS 

 17:05 h

4º e 5º E.Infantil  en patio cuberto

1º e 2º  E.Primaria en patio columnas

3º de E.Primaria en puerta principal

 4º E.Primaria en puerta principal

 5º E.Primaria en patio columnas

 6º E.Primaria en patio columnas

Distribuir contido


by Dr. Radut