Skip to Content

ACTIVIDADE KM 0

Este xoves o alumnado de 3º e 4º de E.P.  disfrutamos dunha actividade de formación medioambiental financiada polo Concello e a empresa INGESAL. Tivemos a sorte de ser un dos catro centros de A Coruña seleccionados para disfrutar dunha mañá educativa, interactiva e sostible. Lembráronnos a nosa responsabilidade ambiental e a aplicación das tres erres (reducir, reciclar e reutilizar)

Disfrutamos moito nesta xornada educativa!

 

MAGOSTO

Álbum: Curso 2024/25 -> Magosto

Este venres 8 de novembro celebramos o Magosto no cole. Comimos castañas, que estaban boísimas, asadas pola castañeira e castañeiro. 

Pepe e Pili coa colaboración dos alumnosde 6º organizaron os xogos no pavillón para todo o alumnado. 

Pasámolo xenial!

SAMAÍN

Álbum: Curso 2024/25 -> Samaín

Corredores decorados coa temática desta máxica noite e aulas con bruxas, trasnos, vampiros, cabazas...asi celebramos o Samain!

Moitas grazas ás nais do AMPA  e a todas as familias e rapaces pola súa colaboración na decoración. Sodes uns artistas!

Premendo aqui coñeceredes máis sobre o Samaín e todo o que a Bruxa Maruxa e colaboradoras prepararon para esta data.

MODO GALEGO

O alumnado de 5ºC de Educación Primaria tráenos unha novidade este curso. Cos seus vídeos de “Modo Galego” ensinarannos vocabulario en galego para que todos e todas sexamos quen de falar a nosa lingua con soltura.

Prema sobre cada imaxe para poder velos.

             

Continuará...

 

SEMANA DA MOBILIDADE

Álbum: Curso 2024/25 -> Semana da mobilidade

O alumnado de 5º de primaria participou na actividade da Semana Europea da Mobilidade «Espacio Público Compartido» que se desenvolveu na Rúa Sagrada Familia.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024-2025

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2024 ao 20 de xuño de 2025, ambos inclusive.

Períodos vacacionais

Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos inclusive.

Entroido: días: 3, 4 e 5 de marzo  de 2025.

Semana Santa: desde o día 14  ata o 21 de abril ambos inclusive.

Días non lectivos

 31 de outubro: Dia do ensino

6 de decembro: Día da Constitución.

1 de maio: Non lectivo.

*  Os dous dias de elección no centro: 4 de novembro e 2 de maio.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

MATERIAL ESCOLAR

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL


5º DE EDUCACIÓN INFANTIL


6º DE EDUCACIÓN INFANTIL


1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA  HAY UN ERROR EN ISBN DEL ACTIVITY BOOK. EL CORRECTO ES 9780194072373 OPEN UP 3 ACTIVITY BOOK


4º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA ISBN CORRECTO  LIBRO DE LECTURA: 978-84-9121-073-3

 
5º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA


6º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

LISTA DE LIBROS

Preme sobre o curso correspondente para ver a lista dos libros.

A LISTA DE MATERIAL FARASE PÚBLICA O LUNS 9 DE SETEMBRO

COMEZO DO CURSO: HORARIOS 1º DÍA E HORARIO HABITUAL

Benvidos/as ao novo curso

As clases comezarán o mércores 11 de setembro. Coma sempre, o primeiro día  haberá un horario de entrada escalonado. A partir do día 12 o horario será de 9 a 14 horas en E. Primaria e de 09:05 a 13:50 en E. Infantil.

HORARIO MÉRCORES 11 DE SETEMBRO E UBICACIÓN FILAS 

ENTRADA

09:00 -2º, 4º e 6º de E. primaria.

09:15 -6º de E. infantil.

09:30 -1º, 3º e 5º de E. primaria.

09:45 -5º de E. infantil.

4º de infantil -periodo adaptación.

UBICACIÓN FILAS

• Infantil en patio cuberto.

•1º e 2º de E.P. no patio de columnas.

•3º e 4º de EP no patio cuberto.

• 5º e 6º de E.P.  aos lados da  porta de entrada do patio de columnas.

SAIDAS

• Infantil: 13:50 por patio cuberto. 

• 1º e 2º de E.P: 14:00 Por porta patio columnas. 

• 3º e 4º de EP: 14:00 Por porta patio cuberto. 

• 5º e 6º E.P: 14:00 Porta principal diantera. 

HORARIOS E UBICACIÓN DE FILAS DE ENTRADA E SAIDA A PARTIR DO DIA 12

Entrada de Primaria ás 09:00 e Infantil ás 09:05.

Ubicación das filas na  entrada e as saídas será a mesma que a do primeiro día.

NOTA. Os alumnos de 10 ou máis anos poden saír sós do colexio previa autorización. Recomendamos esta autorización para axilizar a saída, ainda que vostedes lles recollan esperando na beirarrúa.

 

FIN DE CURSO

Rematamos o curso participando nunha xornada de xogos tradicionais organizada polo museo MELGA. Pasámolo xenial descubrindo os xogos de sempre!

    

Máis fotos na galería de imaxes

Enlace á nota de prensa do Museo Melga

Ademáis as alumnas e alumnos de 6ºC abriron esta semana as portas do seu museo Yayoi kusama, contando coa colaboración do resto de aulas para o noso proxecto final. Prema sobre a imaxe para ver o vídeo e sobre este enlace para ver as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut