Skip to Content

CONTACONTOS MOBY DICK

Hoxe todo o colexio gozamos do espectáculo "MOBY DICK" da compañía de teatro "Pedras de Cartón". Esta obra, inspirada na novela de Herman Melville, ten como protagonista a un impoñente cachalote de 3 metros, que se move, axita a súa cola, abre e pecha os ollos, e expulsa auga.

Agradecemos moito á ANPA por este agasallo de fin de curso que tanto nos gustou.

      
 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Prazo de presentación de solicitudes: 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

Para máis información preme sobre a imaxe.

Ante calquera dúbida, contactar có centro no teléfono 881 960 316

 

O OUTEIRIÑO 2024

Como todos os anos para conmemorar o Dia das Letras Galegas publicamos a nosa revista O Outeiriño. 

PREMIOS CINEMA NA ESCOLA

Álbum: Curso 2023/24 -> Cinema na escola

Noraboa aos nenos e nenas de 6º de E.P. e as profes Yaiza, Pili e Ana polos premios acadados na Gala "Cinema na escola" polo corto "A substituta". Tamén agradecer a Hugh toda a axuda e formación prestada.

Premios:

  • Mellor curtametraxe
  • Mellor interpretación
  • Mellor  son
  • Mellor fotografía
  • Segundo premio edición e montaxe

Esta gala tivo lugar no Ágora e asistiron todos os centros participantes e representantes do concello. 

 

CINEMA NA ESCOLA. CONCURSO DE CORTOS

O alumnado de 6º participa no Concurso organizado polo concello,"Cinema na escola" co curto "A substituta"

Non te esquezas de darlle ao "Me gusta" (cantos máis teñamos, máis opcións temos de gañar premios) 

COMPARTE COS FAMILIARES E AMIGOS! 

PATIOS INCLUSIVOS

O alumnado de 1º de E.P. coa colaboración de varios nenos e nenas de 6º comezaron cos xogos de recreo inclusivos. Estes terán lugar os venres e irán rotando tódolos grupos.

ESCRITORES NA BIBLIOTECA

Estes días poidemos coñecer os autores e autoras dos libros que estamos a ler no Plan lector. Contáronnos moitas cousas sobre como escribiron as historias e ademáis asináronnos os libros.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA CURSO ESCOLAR 2024-2025

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024- 2025

Comeza o proceso para a presentación de solicitudes de admisión para o noso centro.

Información básica:

QUE NORMATIVA O REGULA?

- Decreto 13/ 2022, do 3 de febreiro.

- Orde do 21 de outubro de 2022.

CAL É O PRAZO?

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo ( ambas inclusive).

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR?

• A solicitude: ED550B para descargala poden pulsar os seguintes enlaces:

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUDE EN CASTELÁN

• Documento acreditativo de representación: o DNI/NIE/ PASAPORTE ou copia e orixinal do libro de familia. 

• En caso de separación ou divorcio , sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

COMO PODO PRESENTAR A SOLICITUDE?

- Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO, e asinala na Sede electrónica , coa Chave 365 ou certificado dixital.

 - Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00. 

DISPOÑEN DUN MANUAL NESTE ENLACE: MANUAL PARA AS FAMILIAS

- Cubrir manualmente a solicitude ( ou ben descargándoa ou ben recolléndoa na Secretaría do colexio) e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00.

CANTAS PRAZAS SE OFERTAN NO CEIP SAGRADA FAMILIA?

(Poderán ser modificadas seguindo os dictames da comisión de escolarización)

- 4º EDUCACIÓN INFANTIL (nacidos no 2021) : 34 + 6 * NEAE

- 5º EDUCACIÓN INFANTIL ( nacidos no 2020): 8

- 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( nacidos no 2019): 2

- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA ( nacidos no 2018): 3 +5* NEAE

- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA (nacidos no 2016): 1

*NEAE: As prazas reservadas a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo non adxudicadas poderán adxudicárselle ao resto do alumnado

 UNHA VEZ PRESENTADA A MIÑA SOLICITUDE CAL É O CALENDARIO A SEGUIR?

Publicación da listaxe provisional de admitidos-as: 25 de abril

Publicación da listaxe definitiva de admitidos-as: 15 de maio

Formalización da matrícula no centro dos admitidos-as :20 ao 30 de xuño

PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN CLICANDO NA SEGUINTE IMAXE:

  Máis información sobre o centro e Educación infantil neste enlace

 

Distribuir contido


by Dr. Radut