Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO PARA CURSO ESCOLAR 2024-2025

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024- 2025

Comeza o proceso para a presentación de solicitudes de admisión para o noso centro.

Información básica:

QUE NORMATIVA O REGULA?

- Decreto 13/ 2022, do 3 de febreiro.

- Orde do 21 de outubro de 2022.

CAL É O PRAZO?

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo ( ambas inclusive).

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR?

• A solicitude: ED550B para descargala poden pulsar os seguintes enlaces:

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUDE EN CASTELÁN

• Documento acreditativo de representación: o DNI/NIE/ PASAPORTE ou copia e orixinal do libro de familia. 

• En caso de separación ou divorcio , sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

COMO PODO PRESENTAR A SOLICITUDE?

- Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO, e asinala na Sede electrónica , coa Chave 365 ou certificado dixital.

 - Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00. 

DISPOÑEN DUN MANUAL NESTE ENLACE: MANUAL PARA AS FAMILIAS

- Cubrir manualmente a solicitude ( ou ben descargándoa ou ben recolléndoa na Secretaría do colexio) e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00.

CANTAS PRAZAS SE OFERTAN NO CEIP SAGRADA FAMILIA?

(Poderán ser modificadas seguindo os dictames da comisión de escolarización)

- 4º EDUCACIÓN INFANTIL (nacidos no 2021) : 34 + 6 * NEAE

- 5º EDUCACIÓN INFANTIL ( nacidos no 2020): 8

- 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( nacidos no 2019): 2

- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA ( nacidos no 2018): 3 +5* NEAE

- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA (nacidos no 2016): 1

*NEAE: As prazas reservadas a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo non adxudicadas poderán adxudicárselle ao resto do alumnado

 UNHA VEZ PRESENTADA A MIÑA SOLICITUDE CAL É O CALENDARIO A SEGUIR?

Publicación da listaxe provisional de admitidos-as: 25 de abril

Publicación da listaxe definitiva de admitidos-as: 15 de maio

Formalización da matrícula no centro dos admitidos-as :20 ao 30 de xuño

PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN CLICANDO NA SEGUINTE IMAXE:

  Máis información sobre o centro e Educación infantil neste enlace

 

AdxuntoTamaño
CIRCULAR.pdf800.48 KB


page | by Dr. Radut