Seguindo o establecido na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, comeza o prazo para a reserva de praza daquel alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO no IES URBANO LUGRÍS ao que está adscrito o noso colexio.
O prazo para a presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro ambos inclusive.
A solicitude pode cubrila dixitalmente na aplicación admisión alumnado e logo presentala asinada no centro ou en Sede electrónica.
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargándoa no seguinte enlace, cubríndoa e presentándoa firmada na secretaría do noso colexio.
- IMPRESO ED550A.
* Esta solicitude tamén está a súa disposición na secretaría do cole e levarana o venres 12 de xaneiro as alumnas e alumnos de 6º.
Importante: A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras da alumna/o. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora o anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán o día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Pode axudar este manual :
- MANUAL PARA FAMILIAS
O xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas, o IES URBANO LUGRIS invita ás nais e pais do alumnado de 6º a unha xornada de portas abertas onde poder visitar o centro e solventar dúbidas.
De non escoller o IES URBANO LUGRÍS, deberán presentar o IMPRESO ED550B no IES elexido entre o 1 e o 20 de marzo ambos incuídos, ou ben na Sede electrónica da Xunta ou na aplicación admisión de alumnos.