Skip to Content

COMEZO DO CURSO 2020-2021

O inicio das clases terá lugar o dia 10 de setembro, cun horario adaptado de entrada e saída que se concretará  na primeira semana do mes de setembro.

Esta información e outras relacionadas coa situación actual serán comunicadas a través desta canle previo aviso na aplicación abalar móbil.

ÚLTIMA SEMANA. RECOMENDACIÓNS VERÁN

 INFORMACIÓN FIN DE CURSO

O próximo venres, día 19 de xuño, remata oficialmente o curso; polo que éste será o último envío de tarefas (son recomendacións para o verán). Ese día os boletíns da Avaliación Ordinaria ou Final aparecerán na aplicación Abalar Móbil (este curso non haberá calificacións da terceira avaliación, seguindo instruccións da Consellería).

Lembrámoslles que a única maneira de poder acceder ás notas dos seus fillos será a través desta aplicación, que deberán descargala no seu teléfono móbil a través de Play Store (os que non a teñan xa descargada) e deberán ademais habilitar a opción de Notificacións Activadas, pois esta vai ser a canle principal de comunicación do centro cos pais dos alumnos a partires de agora (ademais da páxina web do centro). Toda a información sobre as listas de admitidos e excluídos das axudas de libros e material e prazos de reclamación, listas de material para o curso que ven, inicio do curso 2020-21, avisos importantes da Anpa sobre as solicitudes de prazas de comedor(xa notificada)... será comunicada por estas dúas vías. Se, por algunha razón de carácter técnico, a familia do alumno non pode descargala (por non dispor de móbil ou telo sen conexión a internet) deberá poñerse en contacto co titor do seu fillo para ver cómo facerlle chegar o boletín de notas e achegarse ó centro para coñecer as novas que vaian xurdindo. Isto é moi importante, pois o centro non se vai facer responsable se, por non cumprir os prazos, alguén se queda sen axuda dalgún tipo.

En canto ó curso que ven, estamos agardando que a Xunta de Galicia publique no DOGA as instruccións pertinentes para o inicio das clases en setembro. En canto teñamos coñecemento delas e despois do seu estudo e aplicación á realidade do centro, informaremos debidamente ás familias (a través de Abalar e páxina web). Reiteramos a importancia de ter activadas as Notificacións na aplicación Abalar.

Un recordo especial para os alumnos de sexto que este ano rematan a súa escolarización no noso centro. Non tiveron a despedida que merecen. Por iso, agardamos poder ter con eles unha xuntanza en setembro.

Non nos queda máis que desexarlles a todos un feliz verán.

Para calquera aclaración estamos á súa disposición no centro, no número de teléfono 881960316 ou no correo ceip.sagrada.familia@edu.xunta.gal

Reciban un cordial saúdo.

A Dirección.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO - CURSO 2020 - 2021 

 (22-05-2020)

Non foron admitidos os alumnos que presentaron solicitude de praza para:

•5º de Educación Infantil (4 anos)

•4º Educación Primaria

Foron admitidos os alumnos que presentaron solicitude de praza para: 

•4º Educación Infantil (3 anos)

•2º Educación Primaria

•5º Educación Primaria

•6º Educación Primaria

As listas están expostas no taboleiro de Secretaría.

Antes do 26 de xuño de 2020 publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Para calquera dúbida chamar ó centro. Teléfono 881 960 316.

NOVO HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Para trámites administrativos é preciso cita previa obrigatoria.

Horario de de atención telefónica: de 9:30 a 13:30 horas. 

Teléfono  881 960 316  

Prégase veña unha única persoa por trámite con mascarilla, luvas e bolígrafo.

TAREFAS SEGUNDA QUINCENA DE MAIO E DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celébrase  " O DÍA DAS LETRAS GALEGAS". Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero". Prema sobre a imaxe para ver un resumo da súa biografía feito por Carlos Rodríguez de 6º C. 

 Recoméndamosche que accedas ao blogue da biblioteca da Maruxa para un mellor coñecemento deste autor e para acceder a xogos lim, contos e scape rooms relacionados có autor.

Debido á prolongación do estado de alarma, cólganse as actividades para as próximas dúas semanas. 

DIA DA CIENCIA NA CASA

O 9 de maio celebraríase  "O DIA DA CIENCIA NA RÚA" no Parque Santa Margarita. Dada a situación actual, esta actividade, ao igual que outras moitas do cole e das nosas vidas, quedou en pausa. 

Antón quixo aportar un pouco de esperanza e normalidade compartindo con nós un dos experimento sobre o ADN que íamos facer ese día, e que todos podemos facer na casa.

Moitas grazas Antón e familia!  

 

 

 

 

TAREFAS PRIMEIRA QUINCENA MAIO

O domingo 17 celebramos o Día das Letras Galegas. Como anos anteriores imos publicar a nosa revista "O Outeiriño". Esta vez colgarémola na página web do cole. Pero, para iso, recordade que precisamos que colaboredes mandando traballos en galego: contos, poemas, pasatempos... todo o que se vos ocorra en galego e seguindo ás instruccións dos vosos titores. Faremos unha selección para a súa publicación. Tamén para a portada esperamos os vosos debuxos de Ricardo Carvalho Calero. ANIMÁDEOS!

Ante calquera dúbida, podedes comunicar có centro no correo electrónico ceip.sagrada.familia@edu.xunta.es Se tedes dúbidas coas tarefas de inglés de 3º e 4º podedes contactar coa profesora neste enderezo english.homework.maria@gmail.com 

Saúdos.

          Contacto para tarefas e dúbidas de relixión católica religioncatolicacristina@gmail.com

 

QUEDAMOS NA CASA. COVID19

Álbum: Curso 2019/2020 -> Quedo na casa. COVID19

Xa queda menos! Prema no álbum  para ver como pasan a corentena estes nenos. Máis detalles na galería.

 Podedes enviar unha foto a este correo electrónico oscativosdeconchi@gmail.com

 

 Grazas por compartir.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut