O 30 de xaneiro conmemoramos coma sempre o Día Escolar da Non Violencia e a Paz no pavillón de deportes. Este ano sumámonos á convocatoria da "2ª MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E NON VIOLENCIA" que invitaba, a través do concello, a todos os centros educativos de A Coruña a facer a lectura dun Compromiso Ético e a realizar símbolos humanos pola Paz e a Non Violencia”.
Ademáis, o luns 3 de febreiro participamos xunto con outros centros na CADEA HUMANA POLA PAZ no paseo marítimo e promovida polo CEIP Raquel Camacho (máis información no blog "Rakonto" de dito centro), Alí xuntámonos polas mans e fixemos a ola e mostramos a nosa pancarta co lema "XUNTOS POLA PAZ E A DIVERSIDADE".