Skip to Content

5º Primaria

PRAZAS CON PODER

O alumnado de 5º participamos no itinerario "Prazas con poder" promovido polo concello.  Fixemos un percorrido polas prazas importantes por algún feito histórico ou social; asi visitamos a Praza de Mº Pita e o Concello, a Praza de Azcárraga e aPraza da Constitución.

GALICIA: PRAZA FORTE DO REINO DE GALICIA

Álbum: Curso 2020/2021 -> Saída cultural de 5º A e D

Os alumnos de 5º participamos, ben de xeito presencial ou de xeito virtual,  na actividade organizada polo concello "Galicia: praza forte do Reino de Galicia"

Coñecimos máis sobre os Xardíns de San Carlos, as murallas do Parrote, a Porta de San Miguel e a Porta do Clavo. 

COLABORANDO NO BARRIO

Os alumnos de 5º C percatáronse de que a mediana da calzada á altura do colexio estaba moi suxa e decidiron actuar. Comunícaronllo ao director e ao concello e coa colaboración da Policía Local limparon a mediana de plásticos, papeis, luvas, máscaras, cartóns... 

Neste vídeo podedes ver toda a explicación e fotos. 

MOSTRA DE TRABALLOS DE 5º A

Xa estamos rematando o curso e o alumnado de 5°A de Primaria realizou diversos traballos, en equipo e de xeito individual.

Prema sobre este enlace para poder velos.

Hai murais sobre os factores que inflúen no clima e os distintos climas de España. acrósticos pola Dia da Paz, carteis e cómics sobre

Ángeles Alvariño, figura sobre a que investigaron  no Día da Muller traballadora, etc.

VSITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O alumnado de 5º nivel de Primaria na visita ao museo de Belas  Artes.

CONTANDO CONTOS EN E. INFANTIL

Alumnos de 5ª baixamos a contar contos creados por nós ás aulas de Educación Infantil. ¡Quedaron encantados coa historia"

    

 

     

    

 

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

Os nenos de 5º de Primaria fomos a Santiago de Compostela a coñecer o Parlamento de Galicia.

5º C PROXECTO SEMENTE. JUNIO 2010

                                    RAPAZADAS S.F.

 O grupo de alumnos/as de 5ºC participamos no “proxecto Semente”. Formamos entre todos una cooperativa á que chamamos “Rapazadas S.F.” Esta cooperativa estivo formada por vinte socios. Eliximos un presidente, una secretaria e un tesoureiro.Tamén creamos uns estatutos polos que rexirnos.Dedicámonos á fabricación de manualidades feitas con abelorios, tales como aneis, pulseiras, pendentes,.. e tamén outras con fieltro como fundas para móbiles e coleteiros. Tamén tiñamos algunas plantas. Ademais de ter un nome, a empresa tiña un logotipo que deseñamos e utilizamos para poner nas etiquetas dos produtos e na publicidade.O 30 de abril recibíronnos no salón de plenos municipal o Tenente de Alcalde, Don Enrique Tello e a Concelleira Dona Obdulia Taboadela. Neste acto entregáronnos a licenza para poder vender os nosos produtos.O 29 de maio fixemos a venda no Obelisco e cos beneficios obtidos donamos o 10% á O.N.G. Equus Zebra e co resto máis una pequeña cantidade aportada por nós fomos de excursión a “Marcelle Natureza”, onde vimos e aprendemos moitas cousas dunha chea de animais.

Pasámolo xenial!

   
   

LENDO UN POUQUIÑO DON QUIXOTE

Distribuir contido


by Dr. Radut