ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024 2025
As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 20 de marzo.
O alumnado que está actualmente matriculado no centro non ten que realizar ningún trámite xa que ten garantida a reserva de praza.
Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:
Documentación a presentar:
- Solicitude de admisión – ANEXO II (Documento: ED550B que inclúe o ANEXO II-bis)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente (na actualidade o Rexistro Civil expide certificados de nacemento, de matrimonio... Son documentos válidos para acreditar a filiación) onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor
- Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).
Solicitude de admisión ANEXO II (galego).
Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).
Presentación telemática da solicitude de praza.
Decreto de admisión de alumnado.
Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.
Tríptico informativo sobre o centro.
En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.