En abril... libros mil
Madriñas e padriños lectores O 23 de abril para celebrar o día do libro levamos a cabo a actividade "Madriñas e padriños lectores". Os nenos e nenas maiores leron aos seus "afillados lectores" un libro. Como recordo elaboraron uns marcadores de lectura para lembrar aos seus "padriños lectores" e estes aos seus "afillados". |
O Segredo de Flora Cristina Justo, nai de Inés unha alumna do centro, veu leer un libro aos nenos e nenas de educación infantil: O segredo de Flora. Cristina é ademais unha das autoras do libro que se editou hai pouco xunto con outros dous: O país dos mandóns e A urna dos desexos. As reseñas dos tres libros podedes velas nun tríptico do Observatorio de Convivencia: educando en valores. |
|