Plantando árbores con pinceis

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria participou no día de hoxe no proxecto incluído no programa de actividades de Afundación: Plantando árbores con pinceis.  

Este é un proxecto escolar pola sostibilidade que xunta cultura e coidado do medio ambiente a través da realización no centro de murais artísticos, colaborativos e ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que non só non contaminan, senón que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega ao medio ambiente unha árbore adulta).

Os nenos e nenas de 5º e 6º participaron na elaboración dun mural no noso cole e o alumnado de 3º e 4º realizou un obradoiro de pintado de bolsas de tea no que traballaron a temática medioambiental desde un enfoque participativo, para facilitar a toma de conciencia sobre a importancia de coidar a natureza.

Clica para ver as imaxes da actividade

Mural 5º e 6º 

Bolsas de tea 3º

 

Bolsas de tea 4º