Obradoiros sobre a figura de Rosalía de Castro

O pasado mércores 30 de marzo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou, de xeito independente, nuns obradoiros sobre a figura de Rosalía de Castro organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e  impartidos pola escritora Andrea Barreira.

Os obradoiros non só queren achegar a figura da poeta e narradora galega, máis tamén diversas formas de coñecela. A través da música, da súa faceta narrativa, dunha procura misteriosa,... as propostas son do máis diversas e entretidas para o alumnado, así como para coñecer aspectos da obra e da propia Rosalía.

Nos blogues dos distintos cursos podedes ver as imaxes da actividade.