Día de Rosalía
Enviado por admin o Mér, 23/02/2022 - 23:15
Este é o primeiro ano que o Día de Rosalía de Castro celébrase un 23 de febreiro e non un 24. O cambio prodúcese despois de que se descubrese unha documentación que acredita que a autora de Follas Novas e Cantares Gallegos nacera este día.
Para conmemorar esta data tan especial no centro programamos distintas actividades:
- Sementade pensamentos: Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, elaboramos un mural no que colocamos pétalos arredor do seu rostro. En cada un deles escribimos palabras das súas obras.
- Especial O Tarabelo nas Ondas: Escoita aquí o programa
- Actuación musical Cantando os cantares de Truque Matruque. A mesma é un percorrido polos “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro en forma de concerto.
Imaxes Sementades pensamentos Imaxes concerto