REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL (DIXITALGAL)

O pasado xoves 11 de novembro publicouse a Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal), para o curso 2021-2022, na que o noso centro foi un dos seleccionados.  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35607.

A  Rede  Galega de Educación  Dixital inicia a súa actividade cun equipo integrado por 78 centros educativos e outros tantos docentes para impulsar a transformación do sistema educativo e ofrecer asesoramento e apoio no impulso dunha medida clave neste proceso: O Plan Dixital de Centro.

A rede organízase en 14 ámbitos xeográficos en toda Galicia, 5 na provincia da Coruña. Cada centro da rede contará cunha persoa mentora que acompañará aos centros do seu ámbito xeográfico no proceso de deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital.