RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2020-2021
Están dispoñibles desde hoxe, día 3 de xullo, as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2020-2021.
Cumprindo co artigo 13 bis da Orde do 12 de maio de 2020, as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da apliación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación.
IMPORTANTE: Na Resolución provisional adxudícanse os libros existentes no centro, recollidos aos alumnos que recibiron axudas en cursos anteriores.
Aos alumnos e alumnas que aparecen sen libros, ou que non reciben o total que lles corresponden, procederase a adxudicarlles libros na Resolución definitiva. O número de exemplares que se adxudicarán dependerá da renda familiar.
Cando se publique a resolución definitiva, probablemente a finais da vindeira semana, tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.