AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA

No DOG de 19 de maio de 2020 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.

No curso 2020/2021 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action    

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 19 de xuño de 2020, inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro (en horario de 09:30 a 13:30) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000,00 euros: 210 euros

-Renda per cápita familiar superior a 6.000 ata 10.000,00 euros: 140 euros

Para os efectos de renda terse en conta o exercicio fiscal do ano 2018 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2018.

No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. 

  • 3º e 5º de EP: Este ano corresponde cambiar os libros de texto para estes cursos polo que a ANPA, en principio, no contaría cun banco de libros para os mesmos.  A ANPA está estudando a maneira de, unha vez publicada a listaxe definitiva de admitidos no fondo libros, cubrir as necesidades das familias do centro que non poderon acollerse a el.
  • 4º e 6º de EP: Para aquelas familias que non se lles concedan libros a través do Fondo solidario (por superar os límites de renda) hai libros da ANPA nestes cursos que seguramente sexan suficientes.
  • A ANPA comunicará más adiante como acollerse ao Banco de libros.

Orde da convocatoria.

Documentación a presentar

Anexo I e Anexo II.

Fondo libros.

Sede electrónica.